GALEGOESPAÑOLENGLISH
   

Ó ESTE DE BUCAREST será a longametraxe que abrirá a sección de Inéditos en Ourense no Festival de Cine Internacional. O director deste filme é Corneliu Poromboiu. Ó ESTE DE BUCAREST recibiu premios tan destacados coma o de Cámara de Ouro ó Mellor Director Xove en Cannes 2006 ou o de Mellor película en Siena. A súa proxección será os próximos días 17 e 18 de novembro. Aínda que este é a primeira longametraxe de Corneliu Poromboiu, este director xa destacou polas súas cortometraxes coas que foi galardonado en anos anteriores. Cabe destacar o Premio Cinéfondation en Cannes 2004. Ó ESTE DE BUCAREST é un filme procedente de Rumanía.

Ir á ficha da película

YO. O director español Rafa Cortés presenta esta longametraxe no Festival de Cine Internacional. Este filme foi seleccionado nos festivais de Rotterdam, Seattle, Munich e Monreal. A súa proxección terá lugar os días 20 e 21 de novembro. Cabe destacar que YO é a primeira película deste realizador mallorquín.

Ir á ficha da película

TRANSYLVANIA. Estamos ante unha longametraxe do director Tony Gatlif que no ano 2006 foi premiada co Filme de clausura en Cannes 2006 e co premio Anxo 2006 da crítica francesa. Esta película de orixe francesa. TRANSYLVANIA conta a historia de Zingarina, unha muller rebelde que viaxa ata aquí coa súa amiga Marie para encontrar ó home da súa vida. Pola súa parte, Marie preocúpase moito polo estado de Zingarina, xa que sabe que é capaz de todo, co perigo que elo comporta.

Ir á ficha da película

TIME. Longametraxe do coreano Kim Ki-Duk . Esta película foi galardonado coma Mellor Filme en Chicago, Mellor Actor en Fantasporto e Mellores Efectos Especiais en Sitges. Este filme de Corea do Sur será proxectado os días 20 e 21 de novembro. A fama de Kim Ki-Duk creceu ó tempo que as súas películas foron escollidas para competir nos festivais internacionais máis prestixiosos. Deste xeito, este director estase a convertir nun cinesta de gran popularidade a nivel internacional.

Ir á ficha da película

SIN DESTINO é un longametraxe de Lajos Koltai que foi seleccionado oficialmente no Festival de Berlín neste ano 2007. O filme é de Alemania, Reino Unido e Hungría, de onde é Lajos Koltai. Este cineasta sentiu dende moi xove un gran interese polo arte da cinematografía, realizando a súa primeira curtametraxe con tan só 14 anos. 14 tamén son os anos que ten o protagonista no seu filme, SIN DESTINO, no cal un rapaz xudeu de Budapest é levado ós campos de exterminio, lugar no que a súa vida cambiará para sempre.

Ir á ficha da película

NO BASTA UNA VIDA é outra de tantas longametraxes das que poderemos disfrutar no Festival de Cine Internacional. Forma parte do apartado que leva por nome Inédito en Ourense. O seu director é Ferzan Ozpetek. Este filme destaca polo premio que recibiu como Mellor Filme no Festival Gay-Lésbico de Nova York. A película, de procedencia italiana, será proxectada os días 22, 23 e 24 de novembro. NO BASTA UNA VIDA conta as relacións sentimentais de persoas que gardan unha relación entre elas. Todos eles son personaxes que ríen e choran, que se aman e se pelexan, mentres que o destino e a causalidade de cada un deles está suxeita á arbitrariedade dos astros.

Ir á ficha da película

NATURALEZA MUERTA Longametraxe do director Jia Zhang-Ke. A súa proxección será os vindeiros 17 e 18 de Novembro. Dita película foi premiada co León de Ouro ó Mellor Filme en Venecia no 2006. O seu director, Jia Zhang-Ke, vive actualmente en Pekín e participa activamente no desenrolo do cine independente en China. NATURALEZA MORTA recibiu dende o pasado ano moi boas críticas, sendo denominada por moitos críticos de cine como unha obra maestra.

Ir á ficha da película