![]() |
||||||
![]() |
||||||
| O FESTIVAL PROGRAMA EVENTOS ESPECIAIS PROFESIONAIS PRENSA OURENSE CONTACTO |
CONVOCATORIA
CONVOCATORIA DE LA 13
EDICIÓN 2008
11 ao 18 de Outubro, 2008 CONVOCATORIA O Festival de Cine Internacional de Ourense celébrase anualmente. Dende a súa primeira edición en 1996, foise consolidando como mostra das producións máis destacadas do cinema independente de todo o mundo, punto de encontro para os profesionais e plataforma promotora do audiovisual de Galicia, Iberoamérica e Europa. No 2007, o concurso do 12 festival recibiu 1.157 filmes, procedentes de 80 países. Durante os seus oito días de duración, as súas 11 salas proxectaron 196 películas (77 delas en competición). O Consorcio para o Festival convoca a 13 edición, que terá lugar do 11 ao 18 de outubro de 2008. B A S E S 1. SECCIÓNS OFICIAIS Cinco seccións oficiais conforman a Competición Internacional do 13 Festival: longametraxes de ficción (60 minutos ou máis) documentais de creación (calquera duración) curtametraxes de ficción (menos de 60 minutos) animación (calquera duración) novos media (producións audiovisuais de calquera duración que, utilizando formatos non tradicionais, exploren novos xeitos de contar) 2. QUEN PODE CONCURSAR Poderán concursar todos aqueles produtores, directores e distribuidores que posúan o debido control legal sobre as obras que presenten a concurso. A persoa ou entidade (ou o seu representante) que asine o formulario de inscrición será considerado polo festival como único interlocutor para tratar aspectos relacionados coa participación da película no evento e como único responsable fronte a outras persoas ou empresas que participen na produción da película. 3. REQUISITOS 3.1 As películas deberán estar producidas en 2007 ou 2008. 3.2 Non terse exhibido comercialmente en España en salas públicas (agás en festivais) ou televisión (agás emisións codificadas e/ou cobertura territorial restrinxida) antes do 18 de Outubro de 2008. 3.3 Non terse editado en vídeo ou DVD para a súa explotación comercial en España antes do 18 de Outubro de 2008. 4. INSCRICIÓN NO CONCURSO 4.1 Non se aceptarán inscricións por e-mail. 4.2 A data final para o envío dos filmes será o 10 de xuño de 2008. 4.3 Materiais para enviar por correo postal ou courier: 1. Formulario de inscrición debidamente cumprimentado e asinado 2. Unha copia en formato DVD, preferiblemente subtitulada en inglés 3. Listado de diálogos (en inglés ou francés) (*) 4. Tráiler en formato DVD. No caso de non ter tráiler, enviar unha selección (mínimo: 30 segundos) con imaxes extraídas do filme 5. Sinopse curta (non máis de 5 liñas) (*) 6. Sinopse longa (non máis de 20 liñas) (*) 7. Fotogramas de alta resolución da película, en formato dixital (900 píxeles ou máis) (*) 8. Curriculum Vitae do Director (non máis de 10 liñas) (*) Filmografía do Director (*) 9. Fotografía de alta resolución do Director, en formato dixital (300 píxeles ou máis) (*) 10. Curriculum Vitae do Produtor (*) 11. Perfil da Compañía Produtora (10 liñas) (*) 12. Materiais de promoción (cartel e outros elementos de publicidade, información para prensa, etc.) (*) Os materiais sinalados arriba co signo (*) deberán enviarse en arquivos de formato dixital, gravados nun CD. Os devanditos arquivos tamén poden ser remitidos por correo electrónico ao enderezo coordinador@ourencine.org 5. ENDEREZOS PARA OS ENVÍOS Envíos por correo a: Festival de Cine Internacional de Ourense Apartado 664, 32080 Ourense, España. Envíos por courier a: Festival de Cine Internacional de Ourense Isabel a Católica Nº 1, baixo, 32005 Ourense, España. Tel: +34 988 22 41 27 6. PROMOCIÓN Para o seu uso con fins publicitarios e informativos vinculados ao evento, o festival poderá divulgar materiais das películas inscritas (fotogramas, carteis, fichas, fragmentos do guión, textos de prensa, etc.). Ata tres minutos de imaxes das devanditas películas poderán exhibirse en Internet, salas de cine, actividades de promoción e emisoras de televisión. 7. SELECCIÓN Un comité de selección elixirá as películas que competirán nas seccións oficiais. Os filmes seleccionados proxectaranse do 11 ao 18 de outubro de 2008 nas salas cinematográficas vinculadas ao festival. A organización establecerá a orde, data e horas de exhibición. 8. COPIAS DE EXHIBICIÓN Para as súas proxeccións en concurso, a persoa ou entidade que teña inscrita a película seleccionada deberá facilitar gratuitamente ao festival unha copia desta en 35mm ou en DVD. A devandita copia deberá chegar á sede do festival antes do 25 do setembro de 2008. De non ser así, a organización podería retirar o filme da competición. As copias en 35mm enviaranse en bobinas claramente numeradas y deberán permanecer en Ourense ata o 18 de outubro de 2008. Os custos de transporte do envío da copia ata Ourense, incluídos os impostos de aduana correspondentes, serán pagados pola persoa ou entidade que inscribiu a película. Unha vez finalizado o concurso, o festival devolverá as copias de 35mm ao enderezo de orixe ou distancia similar. As copias en DVD, tráilers e o resto do material enviado ao concurso non serán devoltos, pasando a formar parte dos arquivos do festival. Co consentimento dos seus propietarios, as copias (screeners) en formato DVD achegadas coa inscrición, poden ser utilizadas para as proxeccións no festival. O seguro contratado polo festival para a copia en 35mm cobre os riscos de incendio, perda, roubo, dano ou destrución desta durante o período comprendido entre a súa chegada ao festival e a data da súa devolución. A responsabilidade do festival será limitada e, en calquera caso, non superará o custo dunha nova copia standard, segundo as tarifas vixentes nos laboratorios españois. O prazo máximo para efectuar calquera reclamación sobre unha copia en 35mm devolta será de 30 días a partir da data do envío dende Ourense. Durante ese prazo, a copia non debe terse exhibido en público. |
DESCARGAR FORMULARIO DE INSCRICIÓN 9. PREMIOS 2008 Os premios das seccións oficiais serán outorgados polos seus xurados, designados pola organización. Os galardóns non poderán quedar desertos, nin concederse ex-aequo. Os xurados de longametraxes e curtametraxes non poderán outorgar máis de dous premios á mesma película. O xurado de documentais non poderá outorgar máis de un premio á mesma película. Os premios do público serán concedidos polos espectadores, que votarán tras as proxeccións. As decisións dos xurados e do público serán inapelables. Os premios do 13 Festival serán os seguintes: LONGAMETRAXES
Os filmes seleccionados para a competición nas seccións oficiais poderán optar por outros galardóns, entregados por institucións, organizacións e empresas. A súa concesión terá tamén carácter de inapelable. Todos os premios están suxeitos ao que determinen as normas fiscais vixentes en España. Dentro dun prazo de 90 días, contados a partir da data de clausura do evento, as persoas e empresas premiadas deberán enviar ao festival os datos e documentos necesarios para cumprir as esixencias fiscais. Pasado o devandito prazo sen cumprir este requisito, os premiados non terán dereito a compensación algunha. 10. INFORMACIÓN ADICIONAL A inscrición no 13 Festival de Cine Internacional de Ourense implicará a total aceptación das presentes bases por parte de todos os participantes e os seus axentes e representantes. O festival poderá editar as normas e disposicións complementarias que estime oportunas para a mellor realización do evento. A interpretación das devanditas bases, normas e disposicións, así como doutros aspectos non contemplados nestas, será competencia exclusiva da organización do festival. En caso de litixio, soamente serán competentes os tribunais da cidade de Ourense. En caso de incumprimento por parte dun concursante das regulacións do festival ou en resposta a condutas que afecten ao bo desenvolvemento do evento, a organización poderá cancelar a participación do seu filme. As películas gañadoras terán a obriga de incluír nos seus créditos e no seu material de promoción, expresamente, unha mención ao premio obtido no festival. Coa autorización da persoa ou entidade que inscriba o filme, expresada ao encher o seu formulario de inscrición, o festival poderá proxectar o devandito filme nos seus ciclos non competitivos. Logo da comunicación ao autor e/ou produtor, o festival resérvase o dereito de poder exhibir as películas inscritas, con fins educativos e culturais, non comerciais e sen ánimo de lucro, en actividades como ciclos, cursos de cine, xornadas de promoción do festival, etc. DESCARGAR FORMULARIO DE
INSCRICIÓN
Word.doc
pdf |
||||
![]() |
||||||