![]() |
||||||
![]() ![]() ![]() |
||||||
![]() |
||||||
| O FESTIVAL PROGRAMA EVENTOS ESPECIAIS PROFESIONAIS PRENSA OURENSE CONT |
<> > 9. PREMIOS 2008 Os premios das seccións oficiais serán outorgados polos seus xurados, designados pola organización. Os galardóns non poderán quedar desertos, nin concederse ex-aequo. Os xurados de longametraxes e curtametraxes non poderán outorgar máis de dous premios á mesma película. O xurado de documentais non poderá outorgar máis de un premio á mesma película. Os premios do público serán concedidos polos espectadores, que votarán tras as proxeccións. As decisións dos xurados e do público serán inapelables. Os premios do 13 Festival serán os seguintes: LONGAMETRAXES
Os filmes seleccionados para a competición nas seccións oficiais poderán optar por outros galardóns, entregados por institucións, organizacións e empresas. A súa concesión terá tamén carácter de inapelable. Todos os premios están suxeitos ao que determinen as normas fiscais vixentes en España. Dentro dun prazo de 90 días, contados a partir da data de clausura do evento, as persoas e empresas premiadas deberán enviar ao festival os datos e documentos necesarios para cumprir as esixencias fiscais. Pasado o devandito prazo sen cumprir este requisito, os premiados non terán dereito a compensación algunha. DESCARGAR FORMULARIO DE
INSCRICIÓN
Word.doc
pdf |
DESCARGAR FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Word.doc
pdf10. INFORMACIÓN ADICIONAL A inscrición no 13 Festival de Cine Internacional de Ourense implicará a total aceptación das presentes bases por parte de todos os participantes e os seus axentes e representantes. O festival poderá editar as normas e disposicións complementarias que estime oportunas para a mellor realización do evento. A interpretación das devanditas bases, normas e disposicións, así como doutros aspectos non contemplados nestas, será competencia exclusiva da organización do festival. En caso de litixio, soamente serán competentes os tribunais da cidade de Ourense. En caso de incumprimento por parte dun concursante das regulacións do festival ou en resposta a condutas que afecten ao bo desenvolvemento do evento, a organización poderá cancelar a participación do seu filme. As películas gañadoras terán a obriga de incluír nos seus créditos e no seu material de promoción, expresamente, unha mención ao premio obtido no festival. Coa autorización da persoa ou entidade que inscriba o filme, expresada ao encher o seu formulario de inscrición, o festival poderá proxectar o devandito filme nos seus ciclos non competitivos. Logo da comunicación ao autor e/ou produtor, o festival resérvase o dereito de poder exhibir as películas inscritas, con fins educativos e culturais, non comerciais e sen ánimo de lucro, en actividades como ciclos, cursos de cine, xornadas de promoción do festival, etc. |
||||
![]() |
||||||