Video gala inaugural
No 150 aniversario do Premio Nobel bengalí
En
colaboración coa Biblioteca Tagore de Ourense fundada por Pepe Paz.
ESTREA EN GALIZA / ESPAÑA
3 películas de Satyajit Ray baseadas en obras de Rabindranath Tagore
Actividades dirixidas ao público: proxeccións, exposicións,
coloquios é concertos de música. Para profesionais, coloquios
cos directores, productores, cursos de formación superior,
masterclasses é espazos de encuontro é negociación para dinamizar a
coproducción é distribución de películas é proxectos.
PREMIO "TODA UNHA VIDA" DO FESTIVAL 2010
O Festival de Cine de Ourense rende tributo a Abelardo Gabriel, actor ourensán recentemente desaparecido concedéndolle o premio "TODA UNHA VIDA" 2010.
Proxección dun programa de CRTVG coa súa participación e coloquio cos amigos profesionais e familiares.
Coa colaboración do Consorcio Audiovisual de Galicia
>>Descargar invitación para profesionais e estudantes de audiovisual
SHYAMA E A REVOLUCIÓN DIXITAL
Obhi Chatterjee, director de cine británico de
orixe bengalí, é experto en lexislación comunitaria audiovisual e dedicouse a
explorar as novas tecnologías dixitais para desenvolver as súas posibilidades
creativas, participando activamente nos máis significativos foros europeos
dedicados ao desenvolvemento do audiovisual dixital dos nosos tempos.
Shyama, a película dirixida por
Chatterjee que se presenta no Festival como homenaxe a Rabindranath Tagore, é
un excelente caso-estudo de como traballar coas novas tecnoloxías dixitais.
A TRILOXIA SHYAMA
Proxecto para o 150 aniversario de R. Tagore
subtítulos en galego
A REDE EUROPEA DOS FONDOS DE AXUDA AO AUDIOVISUAL DAS REXIÓNS
Charlotte Appelgren, secretaria xeral de
Cine-Regio, a rede dos fondos de axudas ao audiovisual das rexións europeas. É
titular dun Máster en Ciencias Económicas pola Universidade de Odense en
Dinamarca.
Os obxectivos de Cine-Regio son tres e están
interrelacionados: transmitir coñecemento a nivel europeo, facer política de
produción de cine e coordinar os organismos rexionais europeos de axuda ao
audiovisual (Film Funds), en particular para o co-desenvolvemento e a
co-produción de filmes e produtos audiovisuais. Tamén produce un estudo anual
sobre os Film Funds rexionais. O estudo realizado en 2010 foi "A
revolución dixital: a audiencia activa", centrado nas novas oportunidades
e retos aos que nos enfrontamos no novo panorama dixital, e presentarase nesta
Masterclass do OUFF.
Cine-Regio tamén participa na produción de filmes,
promovendo e representando os intereses dos Film Funds rexionais no contexto
europeo e internacional.
Co-autora de "A arte de co-producir" e
co-autora e investigadora dos informes "Film Financing Mechanisms
Stimulating Private Investment in Danish Film" e "The Economic and
Creative Growth Potential of the Danish Games Industry".
Luns 4, 16:30 - 17:30 Centro Cultural Deputación
O PRODUTOR AUDIOVISUAL EUROPEO
Todo o que precisas saber para producir en Europa.
EAVE (European Audiovisual Entrepreneurs)
Alan Fountain presenta as actividades de EAVE, o
programa de formación superior para produtores do Programa MEDIA da UE.
Xefe de estudos e director executivo de EAVE, é
profesor emérito de Estudos Televisivos na Universidade de Middlesex. Foi
comissioning editor fundador de Channel Four (Reino Unido) e director da
Northern Media School, na Sheffield Hallam University.
En asociación con EAVE, Programa MEDIA da UE.
Luns 4, 18:00 - 19:00 Centro Cultural Deputación
FESTIVALES DE CINE: PARA QUE SERVEN E COMO SE
FINANCIAN
Coa presenza de directores e expertos de festivais
de cine de Galiza, España e Portugal.
Presentada por Enrique Nicanor.
Coordinadora Informal de Festivais de Cine de Galicia.