OURENSE
A
cidade de Ourense foi fundada polos romanos, que a chamaron Aqua
Aurente (Augas
de Ouro o Augas
Douradas), de onde provén o seu
topónimo actual.
Capital da provincia
do mesmo nome, Ourense está situada ao noroeste da Península Ibérica, na
Comunidade Autónoma de Galicia, fronteriza con Portugal.
Cuns 110.796
habitantes, posee unha riqueza histórica singular polas súas raíces
romanas e medievais.
A
cidade de Ourense foi fundada polos romanos, que a chamaron Aqua
Aurente (Augas
de Ouro o Augas
Douradas), de onde provén o seu
topónimo actual.
Capital da provincia
do mesmo nome, Ourense está situada ao noroeste da Península Ibérica, na
Comunidade Autónoma de Galicia, fronteriza con Portugal.
Cuns 110.796
habitantes, posee unha riqueza histórica singular polas súas raíces
romanas e medievais.
A
abundancia de mananciais de augas termais deu orixe ao núcleo da cidade.
A fonte das Burgas, situada en pleno casco histórico, é a máis coñecida
e tradicional; as súas augas terapéuticas xorden a unha temperatura de
máis de 70º. As devanditas cualidades deron lugar á existencia de
diversos balnearios na cidade e nos seus redores.
A catedral, de finais
do Románico e comezos do Gótico, posee un Pórtico do Paraíso (s. XIII)
que é unha versión do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de
Compostela, e que sorprende pola súa excelente conservación que aínda
permite ver a policromía orixinal das súas figuras.
Nos últimos anos a
rehabilitación do casco histórico e a dotación de novas infraestruturas
están a conseguir que a cidade recupere as súas raíces arquitectónicas e
as súas tradicións.
O proxecto de
renovación do convento de San Francisco (s. XIV) e do seu entorno, coa
construción do novo Auditorio Municipal que serve de sé ao Festival de
Cine, é símbolo do novo espírito de innovación, modernidade y respecto
polas tradicións da cidade de Ourense.
OURENSE, A PROVINCIA
A provincia de Ourense
é un extraordinario catálogo de paisaxes naturais, sementadas de
pequenas e medianas aldeas que conservan o encanto orixinal dunha
personalísima cultura agrícola y gandeira que conta cun patrimonio
arquitectónico de máis de 750 igrexas, mosteiros, santuarios, capelas y
ermidas que mesturan os seus estilos románicos e medievais.
A Ribeira Sacra, a
poucos kilómetros da capital, é unha das paraxes máis notables de toda a
peculiar xeografía galega, onde unha multitude de pequenos mosteiros
repártense como un rosario ao longo do escarpado canón creado polo río
Sil, onde os romanos iniciaron o cultivo en terrazas dunha das mellores
variedades de viños de Galicia.
Polas súas
extrardinarias paisaxes, Ourense foi marco de moitas producións
cinematográficas. A súa luz sempre cambiante e os seus verdes montes y
chairas foron inspiración para a fotografía e escenario cheo de
suxerencias para directores e produtores.
COMUNICACIÓNS
Ourense é un nó
ferroviario comunicado con toda a península. O traxecto ferroviario
Madrid-Ourense é de 5 horas (450 km).
A rede de autopistas e
estradas permite acceder a Ourense dende as principais cidades de
España e Portugal.
Ourense conta nas súas
proximidades cos aeroportos de Santiago de Compostela (a 150 km) e de
Vigo (a 100 km). En Portugal, o Aeroporto Internacional d'O Porto (a 200
km) ten conexións moi económicas con resto das cidades europeas.
UNIVERSIDADE
Ourense conta cun
campus universitario que dota á cidade dun público xove e entusiasta que
asiste e participa activamente nas múltiples actividades do Festival.
ALOXAMENTO
Para o aloxamento de
los visitantes, a cidade posee unha ampla gama de hoteis e de
habitacións de diferentes categorías.
O FESTIVAL
O Festival de Cine
Internacional de Ourense é o máis antigo e principal evento
cinematográfico para a industria audiovisual de Galicia pola súa
capacidade de convocatoria internacional.
|