Festival de Cine
Internacional
de Ourense
O
II Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso
do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión
desta sobre o seu contorno sociocultural e fomentar a creatividade
audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o
alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico.
Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das
tecnoloxías da información e da comunicación nos
centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do
audiovisual feito nas aulas.
Esta
iniciativa encádrase como ferramenta dentro da Directiva
Europea de Alfabetización Mediática,
que procura darlles formación aos mozos sobre o coñecemento
e a avaliación do audiovisual.
“Facer
cine en Galicia
é
posíbel. Facer cine en galego é necesario, calquera
cultura que queira sobrevivir precisa do cine”.
Chano
Piñeiro
BASES
1.
FINALIDADE DA CONVOCATORIA
O
obxectivo desta convocatoria é regular o procedemento de
aceptación e participación de proxectos audiovisuais no
II
Certame de Cinema OUFF Escola convocado polas devanditas entidades.
2.
PARTICIPANTES
Poderá
participar o alumnado matriculado en centros públicos e
privados de ensino non universitario de Galicia durante o curso
2009-2010, así como aqueles de fóra de Galicia que
teñan no seu currículo materias de e en lingua galega.
A participación realizarase sempre baixo a titoría dun
profesor ou profesora responsábel do proxecto.
3.
CATEGORÍAS
Estabelécense
dúas categorías:
A)
Infantil e primaria.
B)
Outros niveis de ensino non universitario
4.
CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS
As
obras deberán cumprir os seguintes requisitos:
Todos
os
traballos estarán en lingua galega.
-
Deberán
ser orixinais
ou adaptacións, non comercializados e non premiados
anteriormente.
-
Modalidades:
ficción, documental, animación.
-
Duración:
até 20 minutos, créditos incluídos.
-
-
Quedarán
excluídos aqueles traballos que inciten ao racismo,
xenofobia, homofobia e calquera tipo de violencia, así como
os que atenten contra a dignidade da persoa.
-
As
obras presentaranse en DVD.
-
Cada
DVD non poderá conter máis dunha obra e deberá
estar en perfecto estado para
a súa proxección.
-
Cada
DVD irá identificado co título da obra, a duración,
e o centro de ensino de procedencia.
-
De
apareceren menores de idade, deberá contarse coa autorización
paterna e/ou materna.
-
Calquera
apropiación indebida de dereitos de autor –imaxe e son- ou
incumprimento das bases desta convocatoria é responsabilidade
directa do profesor ou profesora titora.
5.
INSCRICIÓN NO CERTAME
A
inscrición formalizarase enviando o cuestionario que aparece
na páxina web do Festival: www.ouff.org na sección do
OUFF Escola antes do 15 de maio de 2010, totalmente cuberta e asinada
polo profesor ou profesora responsábel do audiovisual.
O DVD
enviarase antes do
20 de xuño de 2010. Estes serán remitidos ao seguinte
enderezo:
Festival
de Cine
Internacional de Ourense
(OUFF
Escola)
Rúa da
Canle, 2
32004
– Ourense
6.
XURADO
O
xurado estará composto por 5 persoas. Dúas serán
nomeadas polo OUFF, dúas pola Secretaría Xeral de
Política Lingüística e unha pola Concellaría
de Normalización Lingüística.
Os
membros do xurado valorarán os seguintes criterios:
A)
Calidade da
obra
B)
Orixinalidade
do argumento
C)
Autenticidade e calidade no uso da lingua
D)
Potenciación de valores democráticos e de tolerancia
E)
Uso creativo das novas tecnoloxías e das ferramentas de
software
libre
As
curtametraxes premiadas serán publicadas nos seguintes
enderezos web:
http://www.ouff.org/
e http://www.xunta.es/linguagalega/equipos_de_normalizacion
A
decisión do xurado será inapelábel.
7.
PREMIOS
OUFF
ESCOLA 2010 concederá os seguintes premios:
Categoría
A
1.º
Premio: seiscentos euros
(600 €) para o centro e un ordenador
portátil
para o profesor ou profesora.
2.º
Premio:
catrocentos
euros
(400 €) para o centro e unha cámara
de vídeo para
o profesor ou profesora.
3.º
Premio:
trescentos
euros
(300 €) para o centro e unha cámara
fotográfica para
o profesor ou profesora.
Premio
Blanco Amor
ao mellor guión: trescentos euros (300 €)
Categoría
B
1.º
Premio: seiscentos euros
(600 €) para o centro e un ordenador
portátil para
o profesor ou profesora.
2.º
Premio:
catrocentos
euros
(400 €) para o centro e unha cámara
de vídeo para
o profesor ou profesora.
3.º
Premio:
trescentos
euros
(300 €) para o centro e unha cámara
fotográfica para
o profesor ou profesora.
Premio
Blanco Amor
ao mellor guión: trescentos euros (300 €)
A
entrega de galardóns realizarase
no 15
Festival
de Cine Internacional de Ourense, no cal se proxectarán os
traballos
gañadores
nas salas cinematográficas vinculadas
ao festival.
Editarase
un DVD cos traballos gañadores.
Todas
as obras presentadas recibirán un certificado acreditativo da
súa participación.
Non
se concederán premios ex-aequo.
De estimar o xurado que os traballos non reúnen a calidade
suficiente, os premios poderán ficar desertos.
8.
INFORMACIÓN ADICIONAL
A
inscrición no II
Certame de Cinema OUFF Escola 2010
implicará a total aceptación destas bases
polos participantes.
A
súa interpretación,
así como outros aspectos que poidan xurdir sen estaren
contemplados nestas bases, serán competencia exclusiva do
xurado.
A
organización
resérvase o dereito de poder exhibir os audiovisuais
inscritos, con fins educativas e culturais, non comerciais e sen
ánimo de lucro, en actividades como ciclos, cursos de cine,
xornadas de promoción e outros.
Non se
devolverán
as copias en DVD dos traballos presentados.
MEMBROS
DO XURADO 2010
- Manuel González Presidente do Xurado
- Gregorio Ferreiro Fente
- Paulino Peña Alvarez
- Rubén Rios
- César Silva