| OUFF e Cineclube presentan unha programación estable de cine |
|
Ourense. 4|01|2011_ Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) e Cineclube Padre Feijóo alían as súas forzas para garantir unha programación estable de películas alén do circuito comercial. “Baixo o título xenérico de 2011: Un espazo de Cine”, a presidenta do Consorcio Festival de Cine de Ourense e concelleira de Cultura, Isabel Pérez, presentaba esta mañá “unha ambiciosa colaboración que lles vai permitir aos cidadás de Ourense disfrutar de cine de calidade todos os mércores do ano”.
Todas
as películas serán proxectadas os mércores en dobre pase [ás
20:30 e ás 23:00 horas] nos Cinebox, e a entrada terá un custe de 4
euros (3 para estudantes con carné universitario e maiores de 65
anos).
Cine
e Muller, ciclo especial
Á
presentación do tríptico para o primeiro trimestre tamén acudiu
Marta Arribas, concelleira de Igualdade, quen salientou o
papel do “cinema como ferramenta de sensibilización social”.
Neste caso, a programación escapa dos mércores para facer un ciclo
intensivo nos tres primeiros días de marzo (co gallo da celebración
do Día Internacional da Muller, o 8/03) en sesión única ás 20:30
h e de acceso gratuito.
Descargas:
|




| Política de privacidad | Términos de uso | Festival de Cine Internacional de Ourense Copyright © 2008 | Administrar contenido |