Galego  |  Español  |  English
OUff + Cineclube presentan: UN PROFETA, de Jacques Audiard
axenda1.jpg

FICHA TÉCNICA

Un prophète. Francia, 2009. Cor, 15 min. Xénero: Drama | Dirección: Jacques Audiard | Produción: Martine Cassinelli (Why Not Productions / Chic Films) | Guión: Jacques Audiard e Thomas Bidegain; baseado nun argumento de Abdel Raouf Dafri e Nicolas Peufaillit | Fotografía: Stéphane Fontaine | Montaxe: Juliette Welfling | Música: Alexandre Desplat | Intérpretes: Tahar Rahim (Malik), Niels Arestrup (César Luciani), Adel Bencherif (Ryad), Reda Kateb (Jordi), Hichem Yacoubi (Reyeb), Jean-Philippe Ricci (Vettori) | Distribuidora: Alta Classics | Versión orixinal con subtítulos en castelán.

 

PREMIOS

Vén de ser incluida na lista de caandidatas á mellor produción europea nos GOYA

Festival de Cannes 2009 | Gran Premio do Xurado

Premios do Cine Europeo 2009 | Mellor Actor, Premio á Excelencia (Son); 6 nominacións

Premios César 2009 | 9 premios, entre eles os de Mellor Película, Director e Actor

Globos de Ouro 2010 | Nomeada como mellor película de fala non inglesa

Oscars 2010 | Nomeada como mellor película de fala non inglesa

 

SINOPSE

Condenado a seis anos de prisión, o mozo árabe de 19 anos Malik El Djebena non sabe ler nin escribir. Cando chega ao cárcere completamente solo, parece máis novo e fráxil que os demais presos. Arrinconado polo xefe da banda de corsos que domina a prisión, encoméndanlle unha serie de "misións" que debe cumprir para facerse máis forte e gañarse a confianza do líder. Pero Malik é afouto e aprende rápido, e mesmo se atreve a facer os seus propios plans.

 

NOTAS DO DIRECTOR

Actualmente, en Francia, cando se quere facer unha película ambientada no cárcere, xorden dous obstáculos: o documental con vertente social, que non me interesaba, e a influencia da imaxe da prisión derivada das series americanas, con arquetipos que non nos pertencen. Visitamos moitos cárceres na procura das nosas localizacións, pero ao final, decidimos construír nós a escenografía, o que foi moi importante, porque a partir de aí a película tomou forma. (…)

Apetecíame facer unha historia con linguas distintas (o corso e o árabe) que fan máis pechados os grupos. Tiñamos a idea de falar dun ambiente criminal no que se enfrontasen os vellos e os novos, coas súas distintas culturas. O personaxe do profeta encarna a este novo tipo de criminal. (…)

Interesábame tratar a prisión como unha metáfora da sociedade. Nun instante, o interior e o exterior do cárcere convértense na mesma cousa, e o que aprendes dentro sérveche fóra. (…) Esta é a historia dun home que chega a unha posición que nunca alcanzaría de non estar en prisión, o que encerra un paradoxo. (…)

Quería que fose un filme de xénero con rostros descoñecidos, unha especie de película do Oeste. Gústame mesturar xéneros, desprazar as liñas que os limitan. Jacques Audiard

 

 CRÍTICAS

"Jean Genet e Martin Scorsese son os nomes que evoca este filme de ambiente carcelario. (…) A pesar da súa longa duración, o filme sucede dunha forma rapidísima grazas a un guión perfectamente estruturado. (…) Este é un deses filmes que se che pegan á retina e non che abandonan en moito tempo." (Nuria Vidal: Fotogramas)

"[Audiard] domina con humillante seguridade os códigos do cinema carcelario para entregar unha vigorosa ficción capaz de abrirse á reflexión sobre a dialéctica multicultural." (Carlos F. Heredero: Cahiers du Cinema)

"Audiard mestura aquí lirismo e violencia para retratar as fauces dun submundo. (…) Unha traxedia grega parricida e, ante todo, unha crónica detalladísima da vida nas prisións galas e das políticas do crime organizado." (Nando Salvá: Cinemanía)

"Tenche en estado de hipnose. (…) A violencia desta película non leva tramposos adornos senón que fai dano ao espectador. (…) Fascínache e dáche medo." (Carlos Boyero: El País)

"Audiard é o tipo a seguir. (…) Para non perder o tempo en adxectivos: unha obra mestra. (…) Entre 'Scarface', 'Le trou' e 'The Wire', todo xunto." (Luis Martínez: El Mundo)

 



Política de privacidade  |  Termos de uso  |  Festival de Cine Internacional de Ourense Copyright © 2008  |  Administrar contido