Galego
Español
English
O Festival de Cine de Ourense ao longo de 2011
Organizan
 
OUFF.jpg

  16 Festival de Cine
Internacional de Ourense

cineclubelogo.jpg
Cineclube Padre Feijóo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Consorcio para o Festival de Cine de Ourense preséntase en 2011 coma o gran dinamizador do audiovisual na cidade e no país. En primeiro lugar, encarando a decimosexta edición do Festival de Cine Internacional, a plataforma de desenvolvemento e promoción do cine e o audiovisual independentes coa presenza das producións máis innovadoras e comprometidas procedentes dun cento de países distintos. Pero tamén desenvolvendo unha programación estable de cine á marxe do circuíto comercial… e moito máis.
 
Baixo as Estrelas (novidade)
A cidade de Ourense terá, por terceiro ano consecutivo, unha programación de cine ao aire libre para as noites do verán: o Baixo as Estrelas. O ciclo terá lugar todos os venres de xullo e agosto (ás 23:00 horas, na praza de San Martiño, con asistenza libre e de balde), e constitúe unha das citas máis celebradas e que máis público concita do noso calendario. Se habitualmente o Baixo as Estrelas presentaba o palmarés da última edición do OUFF, desta vez dáse un paso adiante cunha proposta novidosa, atractiva e inédita.
Como novidades máis salientables, a presenza de escolas de cine (Escac, Ecam), institucións promotoras do audiovisual (Filmoteca Vasca, Festival de Tapiales -Arxentina-) ou a presenza dos rpincipais eventos cinematográficos de Galicia (Cans, Curtocircuito, S8, Amal, Play-Doc), así coma a forte aposta por formatos coma a curtametraxe ou o documental, pouco habituais nos circuitos comerciais pero demandados polo noso público e especialmente idóneos para proxeccións destas características.  [Baixo as Estrelas]
 
2011: Un Espazo para o Cinema
Baixo o título xenérico de "2011: Un espazo de cine", o Festival de Cine de Ourense (OUFF)  elabora un programa anual que se artella ao redor de ciclos temáticos mensuais nos que se proxectan películas recentes, temáticamente comprometidas e formalmente innovadoras. Nesta empresa alíase co Cineclube Padre Feijóo, unha entidade con máis de 40 anos de historia na cidade.
De xaneiro a xuño, as películas proxectáronse baixo o paraugas dos seguintes ciclos temáticos: Cine Social, Británico, Muller, Música, MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario), Mestre Mateo (coincidindo coa gala de entrega dos Premios Mestre Mateo 2010, que se celebrou en Ourense o 17 de abril), Oriental e Docuficción. Os cartaces podes descargalos da columna dereita desta páxina.
 
OUFF Infantil
Paralelamente, o OUFF programa un ciclo de cine dedicado aos máis pequenos da casa: OUFF Infantil, unha escolla de 16 películas de animación que se exhibirán todos os sábados (do 19 de marzo ao 28 de maio, exceptuando o parón de semana santa) pola mañá. A intención é a de crear hábitos de cine para os máis cativos, un dos obxectivos primordiais do OUFF (o de Alfabetización Mediática e Educación Audiovisual).
A escolla das películas fíxose tendo en conta a repercusión do cine galego, por un lado, e polo outro en base á calidade da animación, especialmente a que está feita en Galicia. [OUff Infantil]
 
 
 
BE_web.jpg
 
Anteriores:


 
Política de privacidade  |  Termos de uso  |  Festival de Cine Internacional de Ourense Copyright © 2008