|
|
|
Aberto o prazo de solicitude de acreditacións
Remata o 23/09 | As listas publicaranse o 30/09
Se estás interesado en acudir como xornalista a cubrir o 16 Festival de Cine Internacional de Ourense xa podes cursar a solicitude de acreditación. É tan sinxelo como enviarnos o modelo que che propoñemos debidamente cuberto ao enderezo
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
antes do 23 de setembro.
Como condicións xerais...
> É imprescindible a publicación de información previa sobre o 16OUFF para solicitar a acreditación.
> Emitiranse un máximo de dúas acreditacións por medio.
> Non se aceptarán as solicitudes enviadas fóra de prazo.
> A aceptación realizarase vía correo electrónico e mediante unha lista publicada neste mesmo apartado a partir do día 30 de setembro.
Unha vez aceptada a solicitude, as credenciais poderanse recoller na oficina do Festival de Cine (Rúa da Canle 2, Ourense).
Para calquera consulta relacionada con este tema, non dubides en poñerte en contacto con nós.
Agardamos por ti.
|
|
[
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
]
|
|