|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|
|
|
|
|
|
BASES
|
| |
| 1. FINALIDADE DA CONVOCATORIA
O obxectivo desta convocatoria é regular o procedemento de aceptación e participación de proxectos audiovisuais no III Certame de Cinema OUFF Escola convocado polas devanditas entidades.
2. PARTICIPANTES
Poderá participar o alumnado matriculado en centros públicos e privados de ensino non universitario de Galicia durante o curso 2010-2011, así como aqueles de fóra de Galicia que teñan no seu currículo materias de e en lingua galega. A participación realizarase sempre baixo a titoría dun profesor ou profesora responsábel do proxecto.
3. CATEGORÍAS
Establécense dúas categorías:
A) Infantil e primaria.
B) Outros niveis de ensino non universitario, agás as Escolas oficiais de Imaxe e Son.
4. CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS
As obras deberán cumprir os seguintes requisitos:
A) Todos os traballos estarán en lingua galega.
B) Deberán ser orixinais ou adaptacións, non comercializados e non presentados con anterioridade a este mesmo Certame.
C) Modalidades: ficción, documental, animación.
D) Duración: até 20 minutos, créditos incluídos.
E) A temática será libre.
F) Quedarán excluídos aqueles traballos que inciten ao racismo, xenofobia, homofobia e calquera tipo de violencia, así como os que atenten contra a dignidade da persoa.
G) As obras presentaranse en formato dixital.
H) Cada traballo presentado non poderá conter máis dunha obra e deberá estar en perfecto estado para a súa proxección.
I) Cada obra irá identificada co título , a duración, e o centro de ensino de procedencia.
J) De apareceren menores de idade, deberá contarse coa autorización paterna e/ou materna.
L) Calquera apropiación indebida de dereitos de autor –imaxe e son- ou incumprimento das bases desta convocatoria é responsabilidade directa do profesor ou profesora titora.
5. INSCRICIÓN NO CERTAME
A inscrición formalizarase enviando o cuestionario que aparece na páxina web do Festival: www.ouff.org na sección do OUFF Escola, totalmente cuberta e asinada polo profesor ou profesora responsábel do audiovisual.
A obra enviarase antes do 26 de xuño de 2011. Estes serán remitidos ao seguinte enderezo:
Festival de Cine Internacional de Ourense
(OUFF Escola)
Rúa da Canle, 2
32004 – Ourense
6. XURADO
O xurado estará composto por 5 persoas. Dúas serán nomeadas polo OUFF, dúas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e unha pola Concellaría de normalización Lingüística.
Os membros do xurado valorarán os seguintes criterios:
A) Calidade da obra
B) Orixinalidade do argumento
C) Autenticidade e calidade no uso da lingua
D) Potenciación de valores democráticos e de tolerancia
As curtametraxes premiadas serán publicadas nos seguintes enderezos: www.ouff.org
www.xunta.es/linguagalega/equipos_de_normalizacion_linguistica
A decisión do xurado será inapelábel.
7. PREMIOS
OUFF ESCOLA 2011. concederá os seguintes premios:
Categoría A
1.º Premio: seiscentos euros (600 €)
2.º Premio: catrocentos euros (400 €)
Premio Blanco Amor ao mellor guión: trescentos euros (300 €)
Premio público:sen dotación económica.
Categoría B
1.º Premio: seiscentos euros (600 €)
2.º Premio: catrocentos euros (400 €)
Premio Blanco Amor ao mellor guión: trescentos euros (300 €)
Premio público:sen dotación económica.
Todas as obras presentadas recibirán un certificado acreditativo da súa participación que recaerán nos responsables e titores dos traballos presentados.
Todos os filmes serán exhibidos na páxina web www.ouff.org onde se poderá votar os traballos on line establecendo así o Premio Público.
A entrega de galardóns realizarase no 16 Festival de Cine Internacional de Ourense, no cal se proxectarán os traballos gañadores nas salas cinematográficas vinculadas ao festival.
Non se concederán premios ex-aequo. De estimar o xurado que os traballos non reúnen a calidade suficiente, os premios poderán ficar desertos.
INFORMACIÓN ADICIONAL
A inscrición no III Certame de Cinema OUFF Escola 2011 implicará a total aceptación destas bases polos participantes.
A súa interpretación, así como outros aspectos que poidan xurdir sen estaren contemplados nestas bases, serán competencia exclusiva do xurado.
A organización resérvase o dereito de poder exhibir os audiovisuais inscritos, con fins educativos e culturais, non comerciais e sen ánimo de lucro, en actividades como ciclos, cursos de cine, xornadas de promoción e outros.
Non se devolverán as copias en DVD dos traballos presentados.
|
|
|
|
| |
|