|
CONVOCATORIA
O Festival de Cine Internacional de Ourense celébrase anualmente. Desde a súa primera edición en 1996, o Festival consolidouse en Galiza como concurso e mostra das producións máis destacadas do cinema ndependente de todo o mundo, apostando polas películas máis tematicamente comprometidas e formalmente innovadoras, como punto de encontro para profesionais do sector e como unha das principais plataformas promotoras do audiovisual de Galiza.
En 2010, o concurso do 15º Festival recibiu 1.893 filmes procedentes de 95 países. Durante os seus dez días de duración, as súas 10 salas proxectaron 242 películas (119 delas en competición y 123 nas seccións paralelas).
Coa publicación destas Bases 2011, o Consorcio para o Festival de Cine Internacional de Ourense convoca o 16ª edición do Festival, que terá lugar do 14 ao 23 de outubro de 2011.
BASES
SECCIÓNS COMPETITIVAS
Cinco seccións oficiais conforman a competición internacional do 16º Festival. Están dotadas con 62.000 euros en premios.
SECCIÓNS PARALELAS NON COMPETITIVAS
Ciclos integrados por filmes non seleccionados para a competición que o Festival considera de
especial relevancia.
1. SECCIÓNS COMPETITIVAS
1. Longametraxes de ficción (60 minutos ou máis)
2. Documentais (calquer duración)
3. Curtametraxes de ficción (menos de 60 minutos)
4. Animación (calquera duración)
5. Novos Media (producións audiovisuais experimentais de cualquera duración)
2. QUEN PODE CONCURSAR
Poderán concursar todos aqueles produtores, directores e distribuidores que posúan o debido control legal sobre as obras que presenten a concurso.
A persoa ou entidade (ou o seu representante) que asine o formulario autorizando a inscrición será considerado polo Festival como único interlocutor para tratar aspectos relacionados coa participación da película no evento e como único responsable fronte a outras persoas ou empresas que participasen na produción da película.
3. REQUIRIMENTOS
3.1 As películas deberán estar producidas en 2010 ou 2011.
3.2 Non poderán terse exhibido comercialmente en España en salas públicas (agás en festivais) ou televisión (agás emisións codificadas e/ou cobertura territorial restrinxida) antes do 23 de outubro de 2011.
3.3 Non poderán terse editado en DVD comercialmente antes do 23 de outubro de 2011.
4. INSCRICIÓN NO CONCURSO
Para inscribir a súa película debe seguir estes pasos:
4.1 Encher o formulario de inscrición dixital que aparece na páxina web www.ouff.org e remitilo vía online ao Festival.
4.2 Para completar a inscrición, deberá enviar ás oficinas do Festival unha copia impresa do devandito formulario debidamente cuberto e asinado. Inclúa no sobre os seguintes materiais:
- En soporte DVD:
Unha copia do filme, preferiblemente subtitulada en inglés
Tráiler. En caso de non ter tráiler, envíe unha selección de imaxes extraídas do filme (mínimo: 30 segundos)
- En soporte CD:
Lista dos diálogos ou do texto da narración (en galego, castelán ou inglés) cos códigos de tempo para sincronizar os subtítulos
Fotogramas de alta resolución da película, en formato dixital (300 dpi ou máis)
Fotografía de alta resolución do director (ou directores), en formato dixital (300 dpi ou máis)
Materiais de promoción (cartel e outros elementos de publicidade, información para prensa, etc.)
5. FIN DOS PRAZOS DE INSCRICIÓN E RECEPCIÓN
O prazo de inscrición online pecharase o 15 de maio de 2011 ás 23:59 (hora local de Ourense). Para as películas inscritas, o prazo de recepción nas oficinas do Festival das copias en DVD e demais materiais requiridos pecharase o 25 de maio de 2011 ás 14:00 (hora local de Ourense).
Envíos por correo postal a:
Festival de Cine Internacional de Ourense
Apartado 664,
C.P. 32080,
Ourense, Galicia,
España
Envíos por courier a:
Festival de Cine Internacional de Ourense
Praza do Auditorio Municipal
Rúa Canle Nº 2,
C.P. 32004,
Ourense, Galicia,
España
6. CATÁLOGO E MATERIAL DE PROMOCIÓN
As produtoras e distribuidoras das películas seleccionadas facilitarán todo o material necesario para a elaboración do catálogo do Festival que lles sexa solicitado polo Departamento de Publicacións do Festival.
Para o seu uso con fins publicitarios e informativos vencellados ao evento, o Festival poderá divulgar materiais das películas inscritas (fotogramas, carteis, fichas, fragmentos do guión, textos de prensa, etc.). Os participantes autorizan a difusión de até tres minutos de imaxes das devanditas películas en calquera medio de comunicación.
7. SELECCIÓN
Un comité de selección formado por profesionais escollerá as películas que competirán nas seccións oficiais.
8. EXHIBICIÓN
Durante a celebración do certame, do 14 ao 23 de outubro de 2011, a organización resérvase o dereito de exhibir as películas seleccionadas nas salas cinematográficas e espazos vencellados ao Festival en cantas sesións públicas estime conveniente. A este respecto, as produtoras e distribuidoras cederán os dereitos para a exhibición pública das súas películas sen custo algún para o Festival. A organización establecerá a orde, data e horario de exhibición.
COPIAS DE EXHIBICIÓN
As proxeccións das longametraxes en concurso faranse en 35 mm ou en formato dixital. Os filmes incluidos nas demais seccións competitivas proxectaranse en formato dixital. A persoa ou entidade que inscribise a película seleccionada deberá facilitar gratuitamente ao Festival a copia de proxección.
Os custos de transporte do envío das copias ata Ourense, incluidos os impostos de alfándega
correspondentes, serán pagados pola persoa ou entidade que inscribise a película. Na etiqueta do envío deberá especificarse o texto seguinte: "Para usos culturais soamente / Sen valor comercial".
Copias en formato dixital:
Co consentimento dos seus propietarios, as copias (screeners) en formato DVD enviadas como material de inscrición poderían utilizarse para as proxeccións no Festival.
Durante o Festival, as proxeccións en formato dixital realizaranse con calidade de resolución standard (SD). En casos excepcionais, dependendo das condicións técnicas dispoñibles nas salas de exhibición, o Festival posibilitaría a proxección en alta definición (HD), Blue-Ray ou noutros sistemas de vídeo.
As copias en DVD, trailers e o resto do material enviado ao concurso non serán devoltos, pasando a formar parte dos arquivos do Festival.
Copias en 35 mm:
A copia en 35 mm deberá chegar á sede do Festival 5 días antes da súa data de proxección. De non ser así, a organización podería retirar o filme da competición. A devandita copia enviarase en bobinas claramente numeradas e deberá permanecer en Ourense até o 24 de outubro de 2011.
Unha vez finalizado o concurso, o Festival pagará os custos de devolución das copias en 35mm ao nderezo de orixe ou distancia similar.
O seguro contratado polo Festival para a copia en 35mm cobre os riscos de incendio, perda, roubo, dano ou destrución desta durante o período comprendido entre a súa chegada á sé do Festival e a data da súa devolución. A responsabilidade do Festival será limitada e, en calquera caso, non superará o custo dunha nova copia estándar, segundo as tarifas en vigor nos laboratorios españois.
O prazo máximo para efectuar calquera tipo de reclamación sobre unha copia en 35mm devolta será de 30 días a partir da data do envío dende Ourense. Durante ese prazo, a copia non debe terse exhibido en público.
9. XURADOS
Os premios das seccións oficiais competitivas serán outorgados polos seus correspondentes xurados, designados pola organización e integrados por un mínimo de 3 persoas. Os xurados das seccións de longametraxes e documentais terán un carácter internacional.
Os xurados non poderán declarar deserto ningún premio nin concedelo ex aequo.
Os xurados poderán conceder as mencións especiais (sen dotación económica) que consideren oportunas.
O xurado de longametraxes non poderá outorgar máis de dous premios á mesma película. Os xurados de documentais e curtametraxes non poderán outorgar máis dun premio á mesma película.
Os premios do público, nas categorías en que se outorguen, concederanse aos filmes que obteñan unha maior puntación promediada en función dos votos emitidos polos espectadores tralas proxeccións.
As decisións dos xurados e do público serán inapelables.
10. PREMIOS
a) PREMIOS OFICIAIS CON DOTACIÓN ECONÓMICA:
LONGAMETRAXES DE FICCIÓN
Gran Premio Calpurnia á Mellor Película: 15.000.- Euros
Premio do Público á Mellor Película: 5.000.- Euros
Premio “Carlos Velo” ao Mellor Director: 4.000.- Euros
Premio Especial do Xurado: 3.000.- Euros
Premio “Cidade de A Coruña” ao Mellor Guión: 2.000.- Euros
Premio á Mellor Actriz: 1.000.- Euros
Premio ao Mellor Actor: 1.000.- Euros
DOCUMENTAIS
Gran Premio Calpurnia ao Mellor Documental: 5 000.- Euros
Premio do Público ao Mellor Documental: 2.000.- Euros
Premio “Cidade de Vigo” ao Mellor Director: 2.000.- Euros
Premio Especial do Xurado: 2.000.- Euros
CURTAMETRAXES DE FICCIÓN
Gran Premio Calpurnia á Mellor Curtametraxe: 5.000.- Euros
Premio do Público á Mellor Curtametraxe: 2.000.- Euros
Premio ao Mellor Director: 2.000.- Euros
Premio Especial do Xurado: 2.000.- Euros
ANIMACIÓN
Premio á Mellor Película de Animación: 5.000.- Euros
NOVOS MEDIA
Premio Novos Media: 2.000.- Euros
PREMIO “MIÑO”
Premio “Miño”(*): 2.000.- Euros
(*) Ao mellor filme producido en Galiza ou Portugal de calquera das categorías anteriores.
b) PREMIOS SEN DOTACIÓN ECONÓMICA:
PREMIO HONORÍFICO “CIDADE DE OURENSE” Á TRAXECTORIA PROFESIONAL
O Festival, se o estima oportuno, poderá outorgar un premio honorífico a un profesional das áreas artística ou técnica en recoñecemento aos méritos alcanzados durante a súa traxectoria no medio audiovisual.
PREMIO DO XURADO NOVO
O Festival contempla a posibilidade de reunir a un xurado novo, composto por espectadores menores de 30 anos, para que concedan un premio á que consideren a mellor película de entre todas as da sección competitiva de longametraxes.
OUTROS PREMIOS
Ademais dos premios concedidos polos xurados oficiais, los filmes seleccionados para a competición poderán optar por outros galardóns non contemplados nestas bases, entregados por institucións, organizacións ou empresas.
11. TROFEO DO FESTIVAL E PRESENZA NA CEREMONIA DE CLAUSURA
Os gañadores de todos os premios recibirán un trofeo representativo do Festival. Para isto, será imprescindible que o premiado ou un representante deste estea presente na cerimonia de clausura do Festival.
12. ACEPTACIÓN E PAGO DE LOS PREMIOS
a) DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA
O pago dos todos os premios está suxeito ao que determinen as normas fiscais en vigor en España. Nun prazo máximo de 60 días, contados a partir da data de clausura do evento, as persoas e entidades premiadas deberán facilitar ao Festival os datos e documentos necesarios para cumprir coas esixencias fiscais, que son os seguintes:
1. Fotocopia de documento identificativo
2. Certificado de conta bancaria
3. Declaración de residencia fiscal
Pasado o devandito prazo sen cumprir este requerimento, os premiados non terán dereito a ningunha compensación.
O Festival procederá ao abonamento do premio nun máximo de 90 días, contados a partir da data de clausura do evento.
b) MENCIÓN NO MATERIAL AUDIOVISUAL
Ao inscribiren as súas películas, os participantes aceptan que no caso de obteren algún dos premios outorgados polo Festival, incluirán unha referencia escrita á concesión do devandito premio ao comezo de todas e cada unha das copias da película que distribúan para a súa exhibición en salas comerciais e/ou en certames audiovisuais, así como en todo o material informativo e promocional impreso (press-books, carteis, etc.). A devandita referencia consistirá nun texto co tipo de premio outorgado, acompañado invariablemente da imaxe corporativa (logotipo e nome) do Festival de Ourense, os cales lles serán facilitados, canda as súas normas de uso, pola organización do mesmo.
Esta referencia ao premio do Festival deberá aparecer así mesmo nas versións en soporte dixital ou de calquera tipo que se exhiban e comercialicen destas películas. As empresas produtoras deberán remitir ao Festival unha copia do filme na que se inclúa a mención do premio para o seu arquivo.
13. AUTORIZACIÓN PARA EXHIBICIÓNS NAS SECCIÓNS PARALELAS
Ao encher o formulario de inscrición solicítaselle a súa autorización para que, en caso de non ser
seleccionado para a competición, o Festival poida proxectar o seu filme nunha das seccións paralelas non competitivas, recibindo un diploma e beneficiándose da publicidade e promoción do Festival.
14. ARQUIVO / MEDIATECA
Os filmes seleccionados pasarán a formar parte do fondo videográfico do Festival, destinado á difusión audiovisual sen ánimo de lucro, sempre de carácter cultural. En calquera caso, o Festival de Ourense comunicará os participantes o uso que se faga destes filmes.
15. INFORMACIÓN ADICIONAL
A inscrición no 16º Festival de Cine Internacional de Ourense implicará a total aceptación das presentes bases por parte de todos os participantes e os seus axentes e representantes.
Unha vez efectuada a selección dunha película polo Festival para calquera das súas seccións, esta non poderá ser retirada da programación nin presentada comercialmente en España antes da súa proxección en Ourense
En caso de incumprimento por parte dun concursante das regulacións do Festival ou en resposta a condutas que afecten o bo desenvolvemento do evento, a organización poderá cancelar a participación do seu filme.
Las películas ganadoras tendrán la obligación de incluir en sus créditos y en su material promocional, expresamente, una mención a los premios obtenidos en el Festival.
O Festival poderá engadir as normas e disposicións complementarias que estime oportunas para a mellor realización do evento. A interpretación das devanditas bases, normas e disposicións, así como doutros aspectos non contemplados nestas, será competencia exclusiva da organización do Festival.
En caso de litixio, soamente serán competentes os tribunais da cidade de Ourense.
Consorcio para o Festival Internacional de Cine Independente de Ourense
Ourense, xaneiro de 2011
|