Galego
Español
English
OUff e Cineclube presentan: unha dobre cita co cine e coa vangarda da música xaponesa
Axenda10.jpg
OUff, 22|03|2011. Festival de Cine Internacional de Ourense e Cineclube Padre Feijóo presentan unha programación única de cine e música: o mércores, nas sesións de cine habituais, o documental francés We don´t care about music anyway... (premio One + One no festival Entrevues´09), unha visisón calidoscópica da vangarda musical xaponesa entre as que destacan bandas como Kirihito ou Umi No Yeah!! Bandas que, precisamente, estarán o xoves en concerto na cidade de Ourense.

Será a súa única cita en España dentro da súa xira europea, unha oportunidade inigualable para ver de primeira man unha escena musical (re)coñecida pola súa ousadía e radical innovación. Se Kirihito achega un espectáculo acrobático de percusión e ritmos post punk, alternando a guitarra eléctrica con descargas de sintetizador, Umi No Yeah!! (na foto) hipnotiza co seu autodefinido “tropicalismo experimental” moi semellante, no estilo, aos americanos Beach House. Unha sorte de indie-noise unida a unha posta en escena fóra do común: unha performance en toda regra.

Unha máis que recomendable cita e unha oportunidade única de apoiar a uns músicos que, pese á desgraza humana que están a vivir no seu país, seguen de ruta presentando a súa particular forma de ver o mundo.




 
Política de privacidade  |  Termos de uso  |  Festival de Cine Internacional de Ourense Copyright © 2008