| Organiza: |
|
 |
|
|
Para inscribirse:
|
| correo electrónico a
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
con nome, apelidos, DNI e teléfono. |
| |
| |
|
|
Martes 18
|
|
10:30 - 12:00 h
|
A propiedade intelectual e os Creative Commons |
| |
David Bravo
|
| |
Avogado
|
| |
|
| 12.00 - 14:00 h |
Novas Narrativas para novos soportes
|
| |
María Yáñez |
| |
Produtora de contidos dixitais
|
| |
|
16:00 - 18:30 h
|
Presentación da plataforma audiovisual de desenvolvemento, produción e comercialización crowdsourcing WECOOP |
| |
Pancho Casal
|
| |
Produtor Executivo de Continental Producciones |
| |
|
Mércores 19
|
|
10:30 - 12:00 h
|
A comercialización de contidos na rede |
| |
Jaume Ripoll Vaquer |
| |
Distribuidora comercial por internet
|
| |
Director editorial www.filmin.es
|
| |
|
12:30 - 14:00 h
|
A difusión: a webserie
|
| |
David Sainz
|
| |
Director - Actor - Guionista de "Malviviendo" |
| |
|
| |
Teresa Segura
|
| |
Dir. de Produción de "Malviviendo"
|
| |
|
| |
Antonio Velázquez Valderrama
|
| |
Actor - Operador de cámara de "Malviviendo"
|
| |
|
| |
Jose Luís González Ruíz
|
| |
Xefe de son de "Malviviendo"
|
| |
|
David Bravo
Mentres estudaba Dereito comezou a traballar no despacho do letrado José Ignacio Aguilar, en 1998. Traballou alí até 2003, cando comezou a súa carreira profesional por conta propia, centrada no dereito informático e, especialmente, na propiedade intelectual. Desde entón participou en diversos debates e conferencias, defendendo a necesidade de adaptar os patróns clásicos da propiedade intelectual á era das novas tecnoloxías. Representa, entre outros, a desenvolvedores de software p2p e webs relacionadas, como Sharemula.com, e a artistas e músicos españois. En 2005 publicou “Copia este libro”, con licenza Creative Commons, e entre 2006 e 2008 colaborou no programa “Noche sin tregua”.
|
| |
María Yañez
|
Logo de estudar Xornalismo na Universidade de Santiago, entre 2001 e 2003 foi a directora da revista electrónica de cultura alternativa Bravú.net. Ao rematar ese proxecto traballou durante algúns anos como guionista e desenvolvendo proxectos para Continental Producciones, mentres abría e mantiña o blog Todo Nada. En 2005 abandonou o blog e converteuse na directora de Vieiros, ata 2006, cando comezou a traballar como xornalista freelance e como guionista para televisión. Foi unha das socias fundadoras da iniciativa a prol do galego GalegoLab. Actualmente, é propietaria da editorial dixital Ediciós da Rotonda, dirixe na TVG o programa "O país dos ananos" e traballa n'A Navalla Suíza.
|
| |
| Pancho Casal |
Enxeñeiro Superior Eléctrico polo ICAI. Inicia a súa carreira en empresas de electricidade e equipos informáticos, sendo xefe de mantemento de centrais hidráulicas de Unión Fenosa. En 1982 empezou a traballar no mundo do vídeo e da televisión. Foi produtor executivo de longametraxes (entre outras, “Continental”, “Frontera Sur”, “Cuando vuelvas a mi lado”, “Finisterre” ou “Sé quien eres”) e de series para televisión (“A familia Pita”, “Ida e volta” ou a serie de animación “Las señales de tus amigas”). Como director xeral e produtor executivo de Continental Producciones realizou máis de 300 anuncios publicitarios para as principais axencias publicitarias españolas.
|
| |
| Jaume Ripoll Vaquer |
(Palma de Mallorca, 1977) Desenvolveu a súa carreira entre o xornalismo e o sector audiovisual. Tras uns anos como director de documentais e videoclips, empezou a escribir artigos para GameLive, H. Magazine e El País, faceta que abandonou para traballar durante seis anos en Manga Films. En 2005 pasou a formar parte da compañía de cinema independente Cameo, onde inicialmente exerceu funcións de e-commerce. Desde 2007 alterna o seu traballo en Cameo, agora como Director Editorial, co desenvolvemento do portal de distribución online de longametraxes Filmin. Ocupa a Vicepresidencia de EuroVoD, a primeira asociación de portais de distribución creada en Europa.
|
| |
"Malviviendo"
    Serie dirixida por David Sainz e gravada integramente en Sevilla con actores non profesionais e sen ningún orzamento de produción. Con imaxinación e sen recursos, un grupo de mozos amantes do audiovisual dá o paso de crear unha nova serie para emitila exclusivamente por internet. A web www.malviviendo.com pretende ser o nexo de unión dun equipo novo co mundo exterior, no que seguidores e detractores poidan deixar a súa opinión, os seus comentarios e as súas suxestións sobre a serie.
|
| |
|
|
|