Eis as 41 obras participantes na categoría de Ensino non Universitario. Como novidade desta terceira edición, haberá un Premio do Público. A este galardón poden optar todos os participantes no III Certame de Ouff Escola e consiste nunha mención honorífica. A obra gañadora será a que teña maior número de LIKEs (gústame). O sistema de votación estará aberto dende o 14 de setembro ata o 05 de outubro de 2011.
-Para visionar a obra dámoslle ao PLAY (reproducir)
-Para votar facemos tic no corazón LIKE (gústame)
-Se xa somos usuarios de VIMEO só teremos que loguearnos (identificarnos) pulsando "LOGIN"