Galego
Español
English
OUFF Escola 2011
 110913_banner_oufescola_940_72ppp2.jpg
 
 
 
Organiza:

ouff_ouffescola.jpg

logo_normalizacion.jpg
 
 
 III Certame de Cinema OUFF ESCOLA
 
O Consorcio do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (OUFF), a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística  convocan o III Certame de Cinema OUFF Escola, dentro do 16 Festival de Cine Internacional de Ourense.

O III Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre o seu contorno sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.

Esta iniciativa encádrase  como ferramenta dentro da Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura darlles formación aos mozos sobre o coñecemento e a avaliación do audiovisual.

“Facer cine en Galicia é posíbel. Facer cine en galego é necesario, calquera cultura que queira sobrevivir precisa do cine”.
Chano Piñeiro
 
 
Descargas:

BASES OUFF ESCOLA 2011 (.pdf)

FORMULARIO INSCRICIÓN (.pdf)
FORMULARIO INSCRICIÓN (.doc)
 
 
Obras presentadas:

CATEGORÍA INFANTIL E PRIMARIA
CATEGORÍA NON UNIVERSITARIA
 
         
 
Política de privacidade  |  Termos de uso  |  Festival de Cine Internacional de Ourense Copyright © 2008