Luis Tosar recibe o Premio Ourense polos seus 20 anos no cine

  • Neste 2018 cúmprense 20 anos da súa primeira longametraxe “Atilano presidente”.
  • O actor recibirá o galardón esta noite no Teatro Principal e a continuación proxectarase a súa película “A cambio de nada”.

Ourense, 30 de novembro. Luis Tosar recibirá esta noite o Premio Ourense como homenaxe aos seus 20 anos como actor de cine, un recoñecemento que o Ourense Film Festival (OUFF) quere dar a “un dos grandes actores do cine español”, en palabras de Miguel Anxo Fernández, coordinador artístico do OUFF.

Tosar amosouse moi agradecido polo premio, sobre todo, porque como confesou, está “sentimentalmente moi unido a esta cidade”. Remarcou que o Festival de Ourense é unha proba de que “resistimos e estamos aquí” nun momento de transformación do cine no que o futuro é incerto.

Presentación Luis Tosar

O intérprete tamén lle sorprendeu que ao encontro con medios de comunicación no Centro Cultural Marcos Valcárcel asistira un grupo de estudantes da ESO, que durante a xornada de hoxe participan en varios actos para experimentar como é un festival de cine por dentro. Para Tosar, é “moi bonito” comprobar que hai xente moi nova con ganas de ver cine e tamén de facelo.

O Premio Ourense súmase así a unha longa lista de galardóns que Luis Tosar recibiu ao longo da súa carreira e nos que destacan tres Goyas (máis outras catro nominacións), sete premios Mestre Mateo, dous Fotogramas de Plata, tres Premios de la Unión de Actores y Actrices, outros tres galardóns do Círculo de Críticos Cinematográficos e a Espiga de Honor da Semana Internacional de Cine de Valladolid (Seminci) entregada no 2017.

O acto de entrega do premio terá lugar esta noite ás 20 horas no Teatro Principal. A entrada será gratuíta, previa retirada no despacho de billetes dende dúas horas antes do evento. A gala completarase coa proxección de “A cambio de nada”, dirixida por Daniel Guzmán e na que Luis Tosar participa.

Tosar

Teatro, televisión e cine

Actor e productor galego, Luis Tosar fíxose popular en Galicia co seu papel de xuíz na teleserie de TVG “Mareas Vivas”. En 1998 debutou no cine coa comedia “Atilano Presidente”, de Santiago Aguilar e Luis Guridi. Un ano máis tarde, recibiu a súa primeira nominación ao Goya por “Flores de otro mundo” (1999), de Iciar Bollaiìn. A partir de aí, Tosar encandenou papeis memorables en títulos como “Los lunes al sol”, de Fernando Leoìn, peliìcula rodada en Galicia; “Trece campanadas” (2002); “El laìpiz del carpintero” (2003), baseada na novela homoìnima de Manuel Rivas; “Te doy mis ojos” (2003), de novo con Iciar Bollaiìn; ou “Celda 211” (2009), de Daniel Monzoìn.

Os seus últimos traballos son a comedia “Yucataìn” (2018), a súa terceira colaboración co el director e guionista Daniel Mozoìn; a comedia negra “Ola de criìmenes” (2018) de Gracia Querejeta e othriller “La sombra de la ley” (2018), do gallego Dani de la Torre, no que dá vida a un policía da Barcelona dos anos 20. Ademais, está a piques de iniciar a rodaxe de “Ventajas de viajar en tren”, baseada na novela do mesmo nome.