O OUFF clausura a súa 23 edición coa entrega de case unha vintena de galardóns

  • “Mug”, “La mujer de la montaña” e “Capharnaüm” acadaron os premios máis destacados
  • Memorias de un hombre en pijama, Premio Galicia da Xunta de Galicia á Mellor Produción Galega
  • “Mar de terra”, película inaugural do festival, galardón á Mellor Banda Sonora coa colaboración da Fundación SGAE
  • Mabel Rivera recibe emocionada o premio Fundación AISGE a unha traxectoria
  • Víctor Prieto, o acordeonista galego con sede en Nova York, enche coa súa música un concurrido auditorio

Todos los premiados del OUFF 2018

Ourense, 5 de decembro. O Ourense Film Festival pechou esta noite a súa semana de cine cunha gala de clausura na que se entregaron ata 17 galardóns. Broche de ouro a unha edición, a número 23, que foi posible despois de tan só 7 semanas de traballo e que destacou pola calidade das proxeccións e polas súas novidosas iniciativas.

A actriz Mabel Rivera foi a primeira en subir ao escenario. A intérprete de “Pratos combinados” e “Mar adentro” recibiu, emocionada, o prezado premio Fundación AISGE a toda unha traxectoria, en recoñecemento a súa longa carreira no cine, teatro e televisión e que serve de sentido homenaxe a unha das intérpretes máis queridas de Galicia.

Mabel Rivera

A seguinte quenda foi para a Sección OficialMug”, que leva o premio Calpurnia á Mellor Película polo seu atrevemento visual e narrativo compondo un retrato da sociedade polaca nun momento complexo onde a identidade se condena; “La mujer de la montaña”, foi premiada co Premio Carlos Velo á Mellor Dirección por manter unha certa aposta cunha dirección imaginativa, ousada e dinámica; rica na xestión de recursos diegéticos e especialmente poderosos no retrato do seu protagonista e “Capharnaüm”, que consegue dous galardóns no OUFF, Premio Especial do Xurado e Premio do Público por ser unha gran produción con valores de dirección evidentes que logra facer dunha pequena premisa persoal unha crítica universal. Ademais, o xurado presidido por María Bardem concedeu dúas mencións especiais: a “Cría puercos” e “Tódalas las mulleres que coñezo”.

Premio Calpurnia Mejor Película

Ao escenario do Auditorio Municipal tamén subiron a recoller galardón Carlos Fernández de Vigo, director de “Memorias de un hombre en pijama”, premio Galicia da Xunta de Galicia á Mellor Produción Galega; e os responsables de “Mar de terra”, película inaugural do festival que, fóra de concurso, levou o galardón á Mellor Banda Sonora coa colaboración da Fundación SGAE. Por primeira vez na historia do festival prémianse á mellor produción galega e á mellor banda sonora.

Premios ás curtametraxes e a Fas Muvis

A entrega de premios do OUFF 2018 completouse cós galardoados da sección OUFF en Curto: primeiro premio para “The widow”, segundo para “Cando mamá pechou as caixas”, mención especial para “Mariñeiro”, premio do público para “Feminazi” e os recoñecementos de AISGE ás mellores interpretacións para Xosé Eirín por “Limbo” e para Rosalía Castro por “Mouras”.

Do mesmo xeito, na gala de clausura coñecemos os nomes dos gañadores de Fas Muvis, novidoso programa no que cinco equipos rodaron un traballo audiovisual en Ourense en tan só 48 horas e tiñan outros dous días para montalo. Os proxectos “Vía láctea”, de Alejandro Rodríguez e Ana Campos, y “O inferniño”, de Javier Sobrado e Ricardo Araújo, foron os gañadores.

Música e máis cine Os actores Rubén Riós y Mariana Expósito foron os encargados de presentar unha cerimonia de clausura na que a música tamén foi protagonista. A pianista Olga Brañas, a violoncellista Sussana Blanco, o grupo de percusión Odaiko e, sobre todo, Víctor Prieto, acordeonista ourensán gañador dun premio Grammy, inundaron o Auditorio coas súas actuacións.

Víctor Prieto

A cerimonia finalizou coa proxección do filme francés “Un hombre fiel”, de Louis Garrel, que chega a Ourense despois de recibir o premio ao Mellor Guión no Festival de San Sebastián, ex aequo coa película ‘Yuli’.

Proxeccións das películas gañadoras Inda que o festival rematara, os espectadores inda teñen a oportunidade de ver algunhas das películas premiadas. Este xoves proxéctanse no Teatro Principal “Capharnaüm”, ás 18:00 horas; “Mug”, ás 20:30; e “La mujer de la montaña”, ás 22:30. A entrada para todas é de balde ata completar aforo.

A 23ª edición del OUFF foi posible coa organización e o patrocinio da Deputación de Ourense e o co-patrocinio de Xunta de Galicia, Concello de Ourense, ABANCA, GADIS e Fundación AISGE.