O OUFF súmase á Carta pola paridade e a inclusión das mulleres no cine

  • Manuel Baltar, a vicepresidenta de CIMA, e o director artístico do Festival de Ourense, asinaron hoxe no centro cultural “Marcos Valcárcel” este documento de compromiso a prol do cine feminino.

Ourense, 2 de decembro. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a vicepresidenta da Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales (CIMA), Virginia Yagüe; e o director artístico do Festival de Ourense (OUFF), Miguel Anxo Fernández, asinaron hoxe no centro cultural “Marcos Valcárcel”, a Carta pola paridade e inclusión das mulleres no cinema, unha iniciativa presentada publicamente na pasada edición do Festival de Cannes que rubrica o compromiso que o OUFF viña desenvolvendo desde os seus inicios e que continuará impulsando a prol do cine feminino. Neste sentido, o presidente da Deputación de Ourense manifestou que esta firma “é unha obriga” porque “a loita pola visibilidade da muller debe ser unha constante para que non existan desigualdades”, e expresou que este “é un dos actos máis importantes do Festival de Ourense porque se refire a temas de igualdade e paridade e implica asumir compromisos neste ámbito”.

“Aplaudimos esta iniciativa de CIMA, que facemos nesta 23ª edición do festival, básica para afondar no futuro e posicionar o certame dun xeito absolutamente notorio”, afirmou Manuel Baltar, subliñando que esta iniciativa de hoxe “será un elemento diferencial e competitivo no ámbito do cinema español e internacional, porque a presenza e a visibilidade da muller é a da propia sociedade”.

Virginia Yagüe agradeceu o apoio da Deputación de Ourense e ao OUFF o compromiso que asume coa sinatura da carta, explicando que a asociación da que é vicepresidenta “representa a máis de catrocentas profesionais das diferentes especialidades da cinematografía, e para nós é un feito importante celebrar os compromisos que establecen os festivais, e neste caso do Festival de Ourense, porque o cine é unha representación moi destacada do modelos sociais e de relato que establecemos e lanzamos publicamente, e neste sentido, o cinema debe ser rico, diverso, plural e incorporar os puntos de vista das mulleres”.

Pola súa banda, Miguel Anxo Fernández dixo que a firma deste acordo “é letra de lei” e salientou que ademais do ciclo de “Cine en Feminino” no OUFF hai un xurado con alta presenza de mulleres, para, de seguido, dar lectura a carta, segundo a cal o OUFF comprométese a compilar estatísticas desagregadas por xénero, tanto as referidas ao número de películas recibidas para a súa selección, como as elixidas e programadas, para dispor de datos fiables e reais sobre a presenza de proxectos liderados por mulleres.

Así mesmo, o Festival de Ourense comprométese a facer pública a lista de membros dos comités de selección e programación; a establecer un calendario de cambios nos órganos executivos do festival, co fin de alcanzar a paridade no actual período de mandato de ditos órganos, e a realizar unha comunicación anual sobre os progresos realizados.

Carta de Paridade e de Inclusión das mulleres no cine

CARTA POR LA PARIDAD Y LA INCLUSIÓN DE LAS MUJERES EN EL CINE

Respondiendo a la iniciativa presentada públicamente en la pasada edición del Festival de Cannes, CIMA (Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales)  impulsa en el marco de la 23 edición del Ourense Film Festival la firma de la Carta por la Paridad y la Inclusión de las mujeres en el cine.

Con esta firma, el Ourense Film Festival, asume el compromiso de:

• Compilar estadísticas desagregadas por género, tanto aquellas que se refieran al número de películas recibidas para su selección, como a las elegidas y programadas, para disponer de datos fiables y reales sobre la presencia de proyectos liderados por mujeres.

• Hacer pública la lista de miembros de los comités de selección y programación.

• Establecer un calendario de cambios en los órganos ejecutivos del festival con el fin de alcanzar la paridad en el actual período de mandato de dichos órganos.

• Realizar una comunicación anual sobre los progresos realizados.

CIMA é unha asociación profesional de ámbito nacional creada en 2006 co obxectivo de fomentar unha presenza igualitaria das cineastas e profesionais do sector audiovisual, contribuíndo a unha representación equilibrada e realista da muller dentro dos contidos que ofrece o medio.