A música en directo é unha das actividades que dende a súa incorporación á programación do OUFF ten acadado un maior éxito de público. Este ano serán tres os concertos que terán lugar durante as datas de celebración do festival, en colaboración co Liceo de Ourense, Café&Pop Torgal e Café Cultural Auriense, e que traerán a Ourense músicos como Rosa Cedrón, Emilio Rúa, Bart Davenport & The Bedazzled e Adam Bomb.