Palmarés OUFF 2018
PALMARÉS da Sección Oficial da XXIII edición do OURENSE FILM FESTIVAL
SECCIÓN OFICIAL LARGOMETRAJES
Calpurnia á mellor película
MUG
Polo seu atrevemento visual e narrativo, compoñendo un retrato da sociedade polaca nun momento complexo onde a identidade se condea.
Premio Carlos Velo á mellor dirección
LA MUJER DE LA MONTAÑA
Por manter unha aposta decidida con unha dirección imaxinativa, audaz e dinámica; rica no manexo dos recursos diexéticos e especialmente potente no retrato da súa protagonista.
Premio especial do xurado
CAPHARNAÜM
Por ser unha gran produción con evidentes valores de dirección que consigue facer dunha pequena premisa persoal unha crítica universal.
Mención especial do xurado
CRÍA PUERCOS
Pola elección do director, que na súa ópera prima, opta por tratar a soidade e o abandono na vellez encarnado por unha memorable Concepción Márquez.
Mención especial do xurado
TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO
Por plantexar un debate interxeneracional sobre o medo que viven as mulleres na nosa sociedade e que entre todos inda non soubemos resolver.
PREMIO DO PÚBLICO DA SECCIÓN OFICIAL LONGAMETRAXES
CAPHARNAÜM
Con nota media de 4,77 sobre 5.
Premio Galicia da Xunta de Galicia á mellor produción galega
MEMORIAS DE UN HOMBRE EN PIJAMA
Premio á mellor banda sonora (fóra de concurso) en colaboración coa SGAE
MAR DE TERRA
OUFF EN CURTO
Primeiro Premio
THE WIDOW
Dirixida por Noelia M. Muiño, pola calidade dunha ficción ambientada nunha época pasada, na que se elabora un relato sobre a violencia contra a muller de xeito sutil e alegórico.
Segundo Premio
CANDO MAMÁ PECHOU AS CAIXAS
Dirixida por Arancha A. Brandón, pola naturalidade e emoción que desprende esta peza documental que, cun estilo despoxado de artificios, trata un tema actual: as consecuencias aínda explícitas da crise económica que se ceban especialmente en persoas como a protagonista da historia.
Mención Especial do Xurado
MARIÑEIRO
Dirixida por Juan Galiñares, pola calidade da historia que, servíndose dun falso documental, relata as experiencias múltiples dos mariñeiros de Arousa na voz dun único personaxe.
Premio do público
FEMINAZI
Dirixida por Diana López.
Premio AISGE á mellor interpretación feminina
ROSALÍA CASTRO por MOURAS
Dirixida por Olga Osorio. Por conseguir transportarnos, dun xeito tan mágico, a ese mundo de fantasía mística que nos presenta a curtametraxe.
Premio AISGE á mellor interpretación masculina
XOSÉ EIRÍN por LIMBO
Dirixida por Dani Viqueira. Pola súa gran capacidade de inmersión neste personaxe tan crú e sanguento que carga con todo o peso desta terrorífica peza.