Poesía galega e Entroido protagonizan dúas novas películas das Sesións Especiais

  • Carlos Lozano presenta “Vértice de versos”, un documental sobre poetas galegos doss últimos 25 anos.
  • Miguel Ángel López asina “Sons do Entroido III’, unha análise sonora de varios entroidos.

Ourense, 3 de decembro. O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a prsentación de dous novos documentais que compoñen as Sesións Especiais e que poderán verse este martes, 4 de decembro. Trátase de “Vértice de versos”, na que o director Carlos Lorenzo propón unha viaxe pola poesía galega dos últimos 25 anos; e “Sons do Entroido III”, do realizador e fotoxornalista Miguel Ángel López, unha “análise do panorama sonoro” desta festa.

En “Vértice de versos”, que se poderá ver na sala azul do Auditorio Municipal este martes ás 20.30 horas, Carlos Lorenzo fálanos de 19 poetas galegos nun documental dirixido a todo o público, tamén aos que non len habitualmente poesía. E é que o realizador aborda estos personaxes como xente “cercana, próxima e moi interesante”.

Presentación Sesións Especiais

Pola súa banda, “Sons do Entroido III”, que se proxecta este martes, 4 de decembro, no Centro Cultural Marcos Valcárcel ás 19:00 horas, ofrece unha perspectiva sonora dos Entroidos de Laza, Sarreaus, Esgos, Pazos do Arenteiro, A Xironda e Maceda, con énfase nas particularidades sonoras de cada un deles. O seu director, Miguel Ángel López comentou que a súa película se centra no que el chama “sonoridade cotiá”: o ruído e a desorde que caracterizan este tipo de festas.

A entrada para as dúas películas será libre ata completar aforo.

ras de cada uno de ellos. Su director, Miguel Ángel López ha comentado que su película se centra en lo que él llama “sonoridad cotidiana”: el ruido y el desorden que caracterizan este tipo de fiestas.

La entrada para las dos películas será libre hasta completar aforo.