SECCIÓN OFICIAL

Reunido o xurado profesional de Sección Oficial OUFF, na súa 24 edición composto por Laura Gárdos, presidenta, Pilar Revuelta, Miguel Barros, Nieve de Medina e Isabel Blanco acordan o seguinte palmarés:

CALPURNIA Á MELLOR PELÍCULA (18.000€): “Parásitos”, Bong Joon-Ho.

PREMIO CARLOS VELO Á MELLOR DIRECCIÓN (4.000€): Alejandro Landes, por “Monos”.

PREMIO ESPECIAL DO XURADO (2.000€): “O que arde” pola “súa capacidade lírica para denunciar un mundo en extinción”.

PREMIO AO MELLOR GUIÓN (2.000€): Bong Joon-Ho por “Parásitos”.

PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN (2.000€): Julianne Nicholson por “Monos”.

MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO para “Chicuarotes” por “retratar unha dolorosa realidade mexicana servíndose de recursos tan diversos como a alegoría, o realismo sucio, o humor… convertíndoo paradóxicamente nun emocionante conto macabro”

A COMISÓN ORGANIZADORA DO OURENSE FILM FESTIVAL concede os premios Galicia, Mellor banda sonora e Á mellor cineasta. Os galardóns teñen carácter transversal, valorando para a concesión dos mesmos todas as obras presentadas no OUFF.

Premio Galicia  (5.000€): O que arde, Oliver Laxe.
Máis alá dos seus valores plásticos e formais, “O que arde” destaca polo seu compromiso coa identidade e a lingua galega, a súa reivindicación da terra e os valores da mesma. Oliver Laxe foi quen de facer da súa película un proxecto universal que está sendo recoñecido en todo o mundo, espallando a imaxe e a cultura galega coa súa película.

Premio Mellor Banda Sonora: Gaizka Urresti por Aute Retrato
Gaizka Urresti conseguiu con “Aute Retrato” plasmar con singular mestría o panorama musical e sentimental de varias xeracións, tomando como base para iso a figura dun artista total, Luis Eduardo Aute. Polo seu traballo, a comisión organizadora do OUFF acordou conceder Gaizka Urresti o premio á mellor banda sonora.

Premio Mellor Cineasta: Marlén Viñayo por Cachada

O galardón que outorga a Comisión Organizadora do OUFF en colaboración con CIMA, Asociación de mujeres cineastas y de medios audiovisuales, á mellor cineasta con obra neste festival recaeu en Marlén Viñayo, por conseguir plasmar e trasladar ao espectador a realidade dun grupo de mulleres do Salvador e a súa experiencia nun obradoiro de teatro. A forza das cinco vendedoras ambulantes de “Cachada” e o traballo da súa directora son recoñecidas co premio que concede o OUFF en colaboración con CIMA.

PREMIO DO PÚBLICO para La odisea de los giles

O público é protagonista e soberano no Ourense Film Festival e a súa decisión inapelable. E os espectadores do OUFF 2019 concederon o Premio do Público a “La odisea de los giles“, de Sebastián Borensztein, que conseguiu un 4,45 sobre 5 na valoración dos espectadores que acudiron ás sesión do festival.

OUFF EN CURTO 

XURADO PROFESIONAL: Sabela Hermida (presidenta), Matías Tarrío e Marta Porto

  • 1º PREMIO (1000€): “Soy una tumba”, de Khris Cembe (11 min.)
  • 2º PREMIO (500€): “De repente, la noche”, de Cristina Bodelón e Ignacio de Vicente (25 min.)
  • MENCIÓN ESPECIAL: “En la boca de la mina”, de Brandán Cerviño (22 min.)

PREMIO AISGE Á MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA: Marta Nieto por “De repente la noche”.

PREMIO AISGE Á MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA: Jaime Elías por “O que medra por dentro”.

PREMIO DO PÚBLICO (300€): “Subway”, de Carlos García de Dios (5 min.)

VIDEOCLIPS 

XURADO “MILLENIAL”: Elisa Lima Conde, Saúl Vidal Salgado, Xabier Fernández Jardón, Daphne Calviño Parra e David Sobrino Gonçalves.

PREMIO (300€): “De bruma e salitre”, do grupo Mileth, e dirixido por Xaime Miranda (7 min.)

FAS MUVIS

CATEGORÍA XERAL:

1º PREMIO (600€): Desencontro. Beatriz Fernández (directora) e Clara Miñán (produtora)

2º PREMIO (200€): Ourense Vive. Beatriz Martínez (directora) e Ainhoa Martínez (produtora)

CATEGORÍA ESCOLA:

 PREMIO ÚNICO (400€): A Pinga. Lara Rodríguez (directora) e Bárbara Rodríguez (produtora)