A viaxe de Ruth

JAIME PARDO E XOSÉ REIGOSA | Galicia | 2018 | 55'

Categorías: Panorama Galicia
Día: 04.10.2019 |
Horario: 17:30h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo
A viaxe de Ruth - Panorama Galicia
Compartir:
Entrada gratuita

Ficha técnica

Directores: Jaime Pardo e Xosé Reigosa
Guión: María Vázquez López
Música: Arturo Vaquero
Intérpretes: Documental
Produción: Fundación TIC

Entre os anos 1924 e 1926 a fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson viaxou dúas veces a Galicia, acompañada do seu pai Alfred que tamén era fotógrafo. Ruth realizou durante a súa estadía unhas 5.500 fotografías dunha gran calidade, o que a xuízo dalgúns entendidos, non ten parangón con ningún traballo da época. No documental trátase de realizar unha toma similar de moitas destas fotografías para comprobar canto cambiou Galicia dende aqueles anos ata hoxe.

Sobre el director

JAIME PARDO. Fotógrafo e realizador de documentais. Dirixiu ou produciu documentais como: “O Mariscal Pardo de Cela: Lenda, mito e realidade”, “Lembranzas da Escola, recordos da infancia”, “De LVCVS a LUGO, 2000 años de Historia”, “Villanueva de Oscos es…”, “O percebeiro que liberó Paris”.

XOSÉ REIGOSA. Fotógrafo e documentalista, os seus últimos proxectos son: “Entre Marbella e Torremolinos, imaxes de manicomio”,  “A muralla cohabitada”, “A Chocolateira” ou “O Piloto”.