Aguas tranquilas

Augas tranquilas / Futatsume no mado

NAOMI KAWASE | Xapón | 2014 | 120'

Categorías: Cine e Auga
Día: 04.10.2019 |
Horario: 17:30h |
Lugar: Cines Pontevella
Aguas tranquilas - OUFF
Compartir:

Ficha técnica

DIRECTORA: Naomi Kawase
GUIÓN: Naomi Kawase
MÚSICA: Hasiken
FOTOGRAFÍA: Yutaka Yamazaki
MONTAXE: Tina Baz
INTÉRPRETES: Nijiro Murakami,  Jun Yoshinaga, Makiko Watanabe,  Hideo Sakaki, Tetta Sugimoto, Miyuki Matsuda,  Jun Murakami, Fujio Tokita
PRODUTORES: Masa Sawada, Naomi Kawase, Takehiro Aoki.
PRODUCIÓN: Kumie
DISTRIBUCIÓN EN ESPAÑA: Good Films

Os habitantes da illa de Amami, viven en harmonía coa natureza, están convencidos de que en cada árbore, cada pedra e cada planta vive un deus. Unha tarde de verán, Kaito descobre o corpo dun home flotando no mar. A súa amiga Kyoko axudaralle a descifrar o misterio. Crecerán xuntos, aprendendo a ser adultos, descubrindo os ciclos da vida, a morte e o amor.

Sobre el director

NAOMI KAWASEDirectora de cinema e escritora xaponesa, a súa obra vira ao redor da vida íntima, a procura das orixes e da identidade. En 1997 foi a cineasta máis nova premiada da historia do Festival de Cannes cando gañou o Premio Cámara de Ouro pola súa película “Moe no Suzaku”.  As súas producións son mestura de xéneros: documental, diario, relato íntimo, vídeo de artista, meditación, poética, autobiografía e ensaio. En 2007 obtivo o Gran Premio Especial do Xurado no Festival de Cannes cunha película sobre a dor e o dó considerada a súa obra mestra “El bosque del luto”.

Galería