Alice et le maire

Los consejos de Alice / Alice and the mayor

NICOLAS PARISER | Francia, Bélgica | 2018 | 104 minutos

Categorías: Sección Oficial
Día: 29.09.2019 |
Horario: 22:30h |
Lugar: Cines Pontevella
Día: 02.10.2019 |
Horario: 20:00h |
Lugar: Cines Pontevella
Alice et le maire - sección oficial OUFF
Compartir:

Ficha técnica

DIRECTOR: Nicolas Pariser
GUIÓN: Nicolas Pariser
MÚSICA: Benjamin Esdraffo
FOTOGRAFÍA: Sébastien Buchmann
MONTAXE: Christel Dewynter
INTÉRPRETES: Fabrice Luchini, Anaïs Demoustier, Nora Hamzawi, Léonie Simaga, Antoine Reinartz, Maud Wyler, Alexandre Steiger
PRODUTOR: Emmanuel Agneray
PRODUCIÓN: Bizibi / Scope Pictures
DISTRIBUCIÓN EN ESPAÑA: Alfa Pictures

Paul Théraneau, alcalde de Lyon, atópase nunha posición delicada. Tras 30 anos de vida política, fáltanlle as ideas, sente un baleiro existencial. Para resolver o problema, Paul contrata a unha nova e brillante filósofa, Alice Heimann. Estas dúas personalidades, diametralmente opostas, establecerán un diálogo que fará oscilar as conviccións de ambos.

PREMIOS
FESTIVAL DE CANNES 2019: Premio Label Europa Cinemas-Label Europa Cinemas Award

Sobre el director

NICOLAS PARISER. Nado en París en 1974, estudou Dereito, Filosofía, Historia da Arte e Cinema antes de comezar a súa carreira como crítico de cine para a revista “Sofa”. En 2008, dirixiu a súa primeira curtametraxe, “Le jour où Ségolène a gagné” e, un ano despois, “La République”, gañador do premio Jean Vigo 2010. En 2013, a súa curta “Agit pop” foi seleccionado na  Semana da Crítica en Cannes. “Le grand jeu”, a súa primeira longametraxe, foi seleccionada para o Festival Internacional de Cinema de Locarno en 2015. A súa última longa “Alice et le maire” (2019) estreouse na Quincena de Realizadores, tamén en Cannes.

2018: Alice et le maire
2015: Le grand jeu
2013: Agit Pop (curta)
2010: La République (curta)
2008: Le jour où Ségolène a gagné (curta)

Galería