La hija de un ladrón
A filla dun ladrón / A Thief's Daughter
BELÉN FUNES | España | 2019 |
Horario: 22:30h |
Lugar: Cines Pontevella
Horario: 20:00h |
Lugar: Cines Pontevella
Ficha técnica
DIRECTORA: Belén Funes
GUIÓN: Belén Funes, Marçal Cebrian
FOTOGRAFÍA: Neus Ollé
MONTAXE: Bernat Aragonés
INTÉRPRETES: Greta Fernández, Eduard Fernández, Àlex Monner
PRODUTORES: Antonio Chavarrías
PRODUCIÓN: Oberon Cinematografica y BTeam Pictures
DISTRIBUCIÓN EN ESPAÑA: BTEAM Pictures
Sara estivo soa toda a súa vida. Ten 22 años e un bebé, e o seu desexo é formar unha familia xunto ao seu irmán pequeno e ao pai do seu fillo. O seu pai, Manuel, tras anos de ausencia e ao saír do cárcere, decide reaparecer nas súas vidas. Sara sabe que el é o principal obstáculo nos seus plans e toma unha decisión difícil: afastalo dela e do seu irmán.
Sobre el director
BELÉN FUNES. Guionista e directora barcelonesa. Licenciouse en dirección cinematográfica na ESCAC (Escola Superior de Cinema e Audiovisuais de Catalunya) onde ademais realizou as súas primeiras curtametraxes de escola. Comezou a traballar na industria como axudante de dirección e dentro do departamento de casting para diferentes producións. Paralelamente, iniciouse como script e é nese momento, cando comeza a coincidir con directores recoñecidos como Isabel Coixet. Máis tarde, Coixet convértese na produtora da súa primeira curtametraxe profesional titulado “Sara a la Fuga”, coescrita co guionista Marçal Cebrian. O proxecto rodouse co apoio do ICAA e conseguiu duás Biznagas no 18 Festival de Cinema de Málaga: Biznaga á Mellor Curtametraxe de Ficción e Biznaga á Mellor Dirección. A súa segunda curtametraxe, titulada “La Inútil” (tamén co soporte de ICAA), tivo a súa estrea mundial na Seminci de Valladolid. “La hija de un ladrón” é a súa primeira longametraxe.
2019: La hija de un ladrón
2017: La inútil (curta)
2015: Sara a la fuga (curta)
2011: Buenos Aires Bicentenario -co-director- (documental)