O que arde
Lo que arde / Fire will come
OLIVER LAXE | España-Francia-Luxemburgo | 2019 | 85'
Horario: 22:30h |
Lugar: Cines Pontevella
Horario: 20:00h |
Lugar: Cines Pontevella
Ficha técnica
DIRECTOR: Oliver Laxe
GUIÓN: Santiago Fillol, Oliver Laxe
FOTOGRAFÍA: Mauro Herce
MONTAXE: Cristóbal Fernández
INTÉRPRETES: Amador Arias, Benedicta Sánchez
PRODUTORES: Andrea Vázquez, Xavi Font, Andrea Queralt, Mani Mortazavi
PRODUCIÓN: Miramemira, 4A4 Productions, Kowalski Films, Tarantula
DISTRIBUCIÓN EN ESPAÑA: NUMAX Distribución
Tras cumprir condena por provocar un incendio, Amador é posto en liberdade. Ao saír do cárcere, ninguén o espera. Nunha aldea perdida das montañas lucenses, volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza. Pero todo cambia cando un lume violento arrasa a zona.
PREMIOS
FESTIVAL DE CANNES 2019, UN CERTAIN REGARD: Premio do Xurado
Sobre el director
OLIVER LAXE. Actor, director e guionista, este fillo de inmigrantes galegos naceu en París en 1982. Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona antes de mudarse a Londres, onde rodou, en colaboración con Enrique Aguilar, a curtametraxe “E as chemineas decidiron escapar” (2006). É impulsor do proxecto Dao Byed, un taller cinematográfico para nenos desfavorecidos en Tánger, e no que está baseada a súa primeira longametraxe, “Todos vós sodes capitáns”, presente na Sección Oficial de Mar do Prata e gañadora do premio FIPRESCI da Quincena de Realizadores de Cannes 2010. En 2016 repetiu en Cannes con “Mimosas”, gañadora do Gran Premio da Semana da Crítica, e en 2019 regresou ao festival galo coa súa terceira longametraxe, “O que arde”, facéndose unha vez máis con galardón: o Premio do Xurado da sección Un certain regard.
2019: O que arde
2016: Mimosas
2010: Todos vós sodes capitáns