O que medra por dentro

NACHO OZORES | España | 2019 | 17'

Categorías: Bloque 3 | OUFF En Curto
Día: 29.09.2019 |
Horario: 20:00h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo
Día: 01.10.2019 |
Horario: 22:30h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo
O que medra por dentro - OUFF en curto
Compartir:
Entrada gratuita

Cris, un ecoloxista ambiental que loita por repoboar o bosque, atópase cos indicios dun incendio forestal claramente intencionado a piques de estalar. Tras evitalo, descobre ao responsable disto tratando de liquidar ese anterior intento errado. Cris fará o posible por impedilo de novo.

Sobre el director

NACHO OZORES. Tras terminar os seus estudos de Cine e TV en Galicia, Nacho Ozores comeza a traballar no departamento de dirección de series autonómicas e nacionais. Namórase do oficio trala cámara grazas ao equipo técnico e aos actores cos que traballa, pero a medida que chegan novos proxectos, dáse conta de que o que de verdade quere é poder realizar os seus propios traballos. Así empeza o camiño co seu primeiro proxecto de ficción “O que medra por dentro” – “O que crece por dentro”.