O reino suevo de Galicia

SIMÓN CASAL | Galicia | 2019 | 60'

Categorías: Panorama Galicia
Día: 29.09.2019 |
Horario: 17:30h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo
O reino suevo de Galicia
Compartir:
Entrada gratuita

Ficha técnica

Director: Simón Casal de Miguel
Guión: Simón Casal de Miguel
Montaxe: Simón Casal de Miguel, Marcos Conde
Asesor histórico: Jorge López Quiroga
Intérpretes: documental (narrador, Fernando Tato)
Duración: 60 minutos
Produtor: Iago Veloso
Produción: TVG, La Región

A noite do 31 de decembro do 406 prodúcense as invasións bárbaras. Decenas de miles de persoas cruzan a fronteira norte do Imperio Romano avanzando cara ao sur de Europa. 3 anos despois, a tribo dos suevos instálase na provincia romana da  Gallaecia e no 411 crean un reino independente tras un acordo co Imperio Romano.

Sobre el director

SIMÓN CASAL. Este realizador coruñés comeza a súa  filmografía como guionista e director coa curtametraxe “Panta Rei” (2004). Empeza a traballar na industria audiovisual como asistente de produción,  videoassist e axudante de dirección además de como fotógrafo de reportaxe e publicidade. Durante estes anos escribe e dirixe 4 curtametraxes. En 2012 dirixe a súa primeira película para televisión, que se alza co Gran Premio do Xurado á Mellor TV Movie no WorldFest  Houston 2012 e o Mestre Mateo á Mellor TV – Movie, “Eduardo Barreiros, o Henry Ford español”. En 2016 completa a súa primeira longametraxe “Lobos Sucios”. que inaugura a edición dese ano do Festival Internacional de Cine de Ourense. En 2017 dirixe varios capítulos para a serie “Serramoura” e prepara o documental “A  Loita”, proxecto premiado en MiradasDoc Lab 2018.