Bases reguladoras do concurso de longametraxes do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), 26ª edición, do 24 de setembro ao 2 de outubro de 2021, con suxeción ás seguintes cláusulas:

 

1/  OBXECTO

O Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), que organiza a Deputación de Ourense, en colaboración coa Fundación Carlos Velo, ten como obxectivo fundamental ser un foro intercultural para a defensa, promoción e coñecemento da cinematografía mundial de calidade.

 

2/ DATAS DE CELEBRACIÓN

O OUFF 2021 terá lugar do 24 de setembro ao 2 de outubro.

 

3/ SEDE

Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF)

Centro Cultural Marcos Valcárcel

Rúa Progreso, 30

32003  Ourense (España)

Teléfono:  + 34 988  317 896

www.ouff.org

ouff@depourense.es

 

 4/ SECCIÓN

Competición oficial de longametraxes e premios paralelos.

 

5/ PARTICIPANTES

Poderán concursar as persoas físicas ou xurídicas (produtoras, distribuidoras) que posúan o debido control legal sobre as obras que presenten a competición.

 

6/ REQUERIMENTOS DAS PELÍCULAS

– Deberán estar producidas en 2019 (de xeito excepcional pola covid-19), 2020 e 2021.

– Poderán ser obras de ficción, animación ou documentais.

– Non poderán terse exhibido nin editado comercialmente en España en salas públicas (agás en festivais), televisión, DVD ou vídeo, antes do 24 de setembro de 2021. Tampoco en internet con acceso libre en España.

– As obras deberán ter unha duración superior aos 60 minutos.

 

7/ COMO PARTICIPAR

A inscrición das películas para participar na sección oficial do festival será gratuíta e deberá facerse polos seguintes canais:

– Plataformas online: festhome e clickforfestivals.

– Páxina web do festival: www.ouff.org, facilitando un enlace permanente de reprodución co contrasinal correspondente e cumprimentando o boletín de inscrición que figura na mesma. A persoa firmante deste boletín será o único interlocutor válido co festival.

– Tamén poden ser enviadas físicamente en DVD ou Blu-Ray á seguinte dirección:

Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF2021)

Centro Cultural Marcos Valcárcel

Rúa Progreso, 30.

32003 Ourense (España)

– O prazo de recepción de películas rematará o 15 de xullo de 2021.

– A dirección do Festival reservase o dereito de poder seleccionar títulos que cheguen fóra de prazo.

 

8/ SELECCIÓN

Unha comisión nomeada pola organización será a encargada de invitar ás películas que competirán na sección oficial do certame.

 

9/ OBRIGAS DOS SELECCIONADOS

Os participantes cuxas películas sexan seleccionadas para a sección competitiva deberán cumprir as seguintes disposicións:

– A total aceptación das presentes bases.

– Cesión dos dereitos para a exhibición pública das súas películas.

– Autorización para divulgar materiais das películas inscritas (fotogramas, carteis, fichas, fragmentos do guión, textos de prensa, etc.). Os participantes autorizan a difusión de até tres minutos de imaxes das devanditas películas en calquera medio de comunicación.

– Aceptación de que, no caso de obteren algún dos premios outorgados na competición, incluirán unha referencia escrita de forma obrigatoria e inescusable da concesión do devandito premio ao comezo de todas e cada unha das copias da película que distribúan para a súa exhibición en salas comerciais e/ou en certames audiovisuais, así como en todo o material informativo e promocional impreso (press-books, carteis, etc.).

– Deberán facilitar á organización todo o material que se lle solicite (carteis, press-books, fotografías, listado de diálogos, etcétera).

– Facilitarán á organización a copia de proxección e una copia de seguridade en Blu-Ray.

– Asumirán os custos de transporte do envío das copias ata Ourense, incluídos os impostos de alfándega correspondentes, que serán pagados pola persoa ou entidade que inscribise a película. Na etiqueta do envío deberá especificarse o texto seguinte: “Para usos culturais soamente / Sen valor comercial”.

– Non poderán retirar a película da programación nin a presentarán comercialmente en España antes da súa proxección no OUFF.

– A copia deberá estar en poder do festival antes do 10 de setembro de 2021.

– Ceder gratuitamente, no caso que a organización o solicite, unha copia das obras gañadoras (unha vez finalizada a fiestra de exhibición no circuíto comercial) para que poidan ser proxectada de xeito limitado dentro das actividades que realiza o festival ao longo do ano, destiñadas a levar estas producións a localidades que non dispoñan de salas de cine. Utilizadas sempre para fines de carácter cultural e sen ánimo de lucro.

– A persoa ou entidade que presenta a película seleccionada comprometese a que asistan ao festival representantes do equipo técnico ou artístico.

 

10/ EXHIBICIÓN

– As proxeccións da competición de longametraxes faranse en sistema DCP -que cumpla a normativa internacional DCI- ou no formato que considere o Festival.

– As produtoras ou distribuidoras que inscriban a película deberán facilitar as KDM para os servidores das sedes do festival, correndo os gastos por conta delas.

– Durante a celebración do certame, a organización resérvase o dereito de exhibir as películas seleccionadas nas salas cinematográficas e espazos vencellados a este Festival nun máximo de catro sesións. A organización establecerá a orde, data e horario de exhibición.

– As películas deberán permanecer en poder do festival para a súa exhibición ata o seu remate.

– As obras gañadoras serán proxectadas, nun pase especial, o día seguinte o remate do certame.

 

11/ XURADO

– Os premios da sección oficial de longametraxes (coa excepción do Premio do Público) serán outorgados por un xurado, designado pola organización entre profesionais do mundo cinematográfico, audiovisual, medios de comunicación e cultura.

– O xurado non poderá declarar deserto ningún premio nin concedelo Ex Aequo.

– O xurado poderá conceder as mencións especiais (sen dotación económica) que considere oportunas.

– O xurado podería outorgar, excepcionalmente, unha única vez dous premios a unha mesma película.

– As decisións do xurado serán inapelables.

 

12/ PREMIOS DA SECCIÓN OFICIAL

Na competición oficial de longametraxes outorgaranse os seguintes galardóns:

*  Calpurnia á Mellor Película: 12.000 euros.

*  Premio Carlos Velo á Mellor Dirección: 4.000 euros.

*  Premio Especial do Xurado: 2.000 euros.

*  Premio ao Mellor Guión: 2.000 euros.

* Premio á Mellor Interpretación: 2.000 euros.

*  Premio do Público: 3.000 euros. Concederáse o filme da competición oficial de longametraxes que obteña unha maior puntuación ponderada en función dos votos emitidos polos espectadores tralas proxeccións.

 

13/ PREMIOS PARALELOS

* Premio Xacobeo: 12.000 euros. Será outorgado por unha comisión formada por membros da Fundación Carlos Velo, Deputación de Ourense e Xunta de Galicia á mellor obra con produción ou coprodución galega de todo o festival.

* Premio Especial Eduardo Barreiros: 2.000 euros. Outorgaráse pola organización á mellor ópera prima do cinema español estreada entre setembro de 2019 e setembro de 2020.

*Premio CIMA: Trofeo. Concédeo a Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales (CIMA) á mellor directora da sección oficial.

 

14/ REPARTO ECONÓMICO DE LOS PREMIOS

– SECCIÓN OFICIAL: a dotación económica dos premios corresponderá íntegramente á distribuidora ou produtora que presentara a película, coa excepción dos premios á mellor dirección, guión e interpretación, que serán para as persoas físicas que resulten gañadoras.

– PREMIO XACOBEO: o montante económico do premio repartirase ao 50% entre o director ou directora e o produtor o produtora do filme gañador.

– PREMIO ESPECIAL EDUARDO BARREIROS: a dotación económica será para o director ou directora da película gañadora.

En tódolos casos as retencións fiscais e outros gastos en que se poida incorrer á entrega dos premios en metálico serán deducidos destes, co que o montante final variará dependendo das condicións establecidas por cada país e da forma en que se realice o pagamento.

 

15/  PREMIADOS: PRESENZA NA GALA DE CLAUSURA

Os galardoados deberán estar presentes na gala de clausura do festival para recoller o premio. De non poder asistir, deberán xustificar a súa ausencia por causas de forza maior; do contrario, a organización entenderá que o premiado renuncia tanto ao premio en metálico como ao trofeo correspondente.

 

16/  RESOLUCIÓN FINAL

A dúbidas que podan xurdir sobre a interpretación destas bases, así como os conflitos que puideran producirse derivados da súa aplicación, en canto á organización ou funcionamento, serán competencia exclusiva da organización do festival. A versión decisiva deste regulamento para calquer dúbida será a castelá.