• A Fundación Fernández Flórez edita esta revista que busca poñer en valor a figura e o legado do escritor Wenceslao Fernández Flórez

  • A publicación incorpora o guión íntegro da película rodada en 1931, e da que só se conservan 7 minutos

O Ourense Filme Festival (OUFF) foi o escenario elixido para presentar o segundo volume da revista cultural “Volvoreta”, que se publica de forma anual e que edita a Fundación Fernández Flórez. Esta nova publicación dedícase de forma monográfica a “El malvado Carabel” (1931), novela que supuxo un punto de inflexión na carreira do seu autor, Wenceslao Fernández Flórez. Trátase dun estudo minucioso da obra desde a perspectiva actual, “unha xoia bibliográfica”, en palabras do presidente da fundación, José Luís Castro de Paz.

Este segundo volume de “Volvoreta” incorpora material gráfico inédito sobre as distintas adaptacións da novela, como o guión íntegro da película que rodou Edgar Neville en 1935 e da que só se conservan 7 minutos. Incorpora, ademais, o guión escrito por Fernando Fernán Gómez para a versión cinematográfica de 1956 e un cómic publicado en 1953.

A Fundación Fernández Flórez reivindica o legado do escritor e xornalista galego, “de enorme prestixio pero sobre o que parece caer un tupido veo” en relación á súa vinculación co réxime franquista.