• Juan  Echanove, Michelle Calvó, Maxi Iglesias e Elvira Mínguez protagonizan este drama policiaco que trata as desesperadas experiencias de quen vive a repentina desaparición dun ser querido

O Ourense Film Festival (OUFF 2019) acolle hoxe xoves a presentación de ‘Desaparecidos. La serie’, unha das apostas de ficción de Telecinco para a próxima tempada. Juan Echanove e Michelle Calvó encabezan o equipo artístico desta serie policíaca que aborda un drama que afecta cada ano a miles de familias que se enfrontan ao pesadelo de non saber que foi dun ser próximo. O Teatro Principal da capital ourensá será o escenario no que terá lugar o visionado do primeiro capítulo da ficción, que contará coa presenza de ambos actores.

Producida pola cadea en colaboración con Plano a Plano, ‘Desaparecidos. La serie’ traslada aos telespectadores a Brigada Central de Investigación de Delitos contra as Persoas, onde os tenaces efectivos do Grupo 2 loitan por esclarecer os casos de persoas que un día desaparecen sen deixar rastro.

Maxi Iglesias, Elvira Mínguez, Chani Martín e Amando Ríos completan o elenco deste drama procedemental, que, por outra banda, concluíu a rodaxe este verán.

O pesadelo de non saber que foi dun ser querido

A inspectora Sonia Ledesma (Michelle Calvó) incorpórase ao Grupo 2 de Desaparecidos, unha unidade dirixida polo inspector xefe Santiago Abad (Juan  Echanove) que se encarga de investigar e resolver casos de persoas desaparecidas. Afectada ela mesma polo drama da desaparición do seu marido Mikel, atopará nos seus compañeiros Rodrigo Medina (Maxi Iglesias), Sebastián Cano (Chani Martín) e  Azhar García (Amanda Ríos) a unha nova familia. Xunto a eles e co lema ‘Nós seguimos buscando’, tratará de esclarecer os casos máis dispares, todos eles protagonizados por persoas que un día tragouse a terra. Para logralo, contan coa colaboración de ‘Axuda Desaparecidos’, unha ONG dirixida por Carmen Fuentes (Elvira Mínguez), o seu fillo desapareceu tamén anos atrás. No ámbito persoal, Sonia terá que enfrontarse á presión exercida pola familia do seu marido, que insiste en pasar páxina e declararlle oficialmente morto.