A memoria da Raia

IRIS JUSTO, MIRIAM GONZÁLEZ | Galicia, España, Portugal | 2019 | Documental

Categorías: Panorama Galicia
Día: 02.10.2020 |
Horario: 12:00h |
Lugar: Teatro Principal
Memoria da Raia
Compartir:
Entrada gratuita

Ficha técnica

Directoras: Iris Justo, Miriam González

Guión: Miriam González

Música: Baiuca

Fotografía: Miriam González Francisco, Iris Justo Rodríguez, Andrea Pérez Justo

Montaxe: Iris Justo

Intérpretes: Santiago Cañaveral, Eva Fernández, Diego González, Marta Castillo

Duración: 61 min.

Produtores: —

Produción: —

SINOPSE

As persoas dunha aldea que pertencen a diferentes países comezan a lembrar como era a vida en común nunha fronteira xa diluída. A partir dos turbulentos anos 30 a “Raia” (a Fronteira) foi un camiño de liberdade para os que fuxiron da guerra, unha trampa mortal para quen quería seguir loitando, unha ruta comercial para a supervivencia e un camiño de tradicións culturais compartidas polos veciños e veciñas que tiñan diferentes pasaportes. Na “Raia” a Fronteira non separa, unía.

Sobre el director

Iris Justo (Verín, 1995)

Fotógrafa e videógrafa. Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Burgos no 2017. Dende aquelas traballa por conta allea de videógrafa e fotógrafa, ademais de participar en gravacións de documentais, proxectos audiovisuais e formando parte da organización de festivais audiovisuales e de música na provincia de Ourense. En agosto do 2016 comeza xunto a Miriam o proxecto de “A memoria da raia”. Más adiante, en 2019 comeza a rodaxe de “Benposta, escuela de circo” optando a mención honorífica no Bangalore Short Film Fest, seguido de “Arraigadas á Terra” un documental que pon en valor a situación da muller no rural da comarca de Monterrei.

Miriam González (Medeiros, 1989)

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e masterizada en Comunicación da defensa e dos conflictos armados. Comezou “A Memoria da Raia” en 2016 con Iris Justo Rodríguez. Adícase á información Internacional. Ten publicacións no Instituto Español de Estudios Estratégicos e no IGADI. Actualmente forma parte do proxecto de información internacional Deciphering the War.

Galería