Agullas

RAMÓN TORRENTE GARCÍA | Galicia-España | 2020 | Documental

Categorías: Panorama Galicia
Día: 29.09.2020 |
Horario: 12:00h |
Lugar: Teatro Principal
AGULLAS
Compartir:
Entrada gratuita

Ficha técnica

Director: Ramón Torrente

Guión: Ramón T. García

Música: Brais Barreiro Viñas

Fotografía: Thomas Harris

Montaxe: Ramón Torrente García e Thomas Harris

Intérpretes: Félix Junquera (alcalde), Rebeca Oliveira (actriz), Jorge García Marín (sociólogo), María Paz Filgueira (magistrada), Rosana Izquierdo (médica), Mª del Pilar Fernández (fiscal), Juan Iglesias Otero  (Comandante de la Guardia Civil), Manuel Lopo (psicólogo) 

Duración: 69 min.

Produtor:  Ramon Torrente

Produción: Concello de Bueu

SINOPSE

“Agullas” é un documental que recolle a historia de tres vítimas de violencia machista. Son tres historias de supervivencia persoal fronte a violencia de xénero con pautas de persoal especializado que axudan a entender mellor esta problemática social.

Sobre el director

Ramón Torrente García

Mestre, psicopedagogo e axente de igualdade de oportunidades. Dende o ano 2005 traballa na consultora de xénero Andamiaxe Innova e o seu campo profesional está relacionado co desenvolvemento de actividades formativas do ámbito educativo e social, levando a cabo traballos de planificación, asesoramento, deseño, intervención e avaliación de programas, plans e accións con perspectiva de xénero. Unha das liñas de traballo é a realización e produción de curtametraxes e documentais en centros educativos dende unha perspectiva social e de xénero como mecanismo para potenciar os procesos de ensinanza/aprendizaxe.