Dorothé na vila

ALEJANDRO GÁNDARA-OLALLA TUBIO | Galicia-España | 2020 | Documental

Categorías: Panorama Galicia
Día: 02.10.2020 |
Horario: 17:00h |
Lugar: Cineclube Padre Feijóo
Dorothé na vila
Compartir:
Entrada gratuita

Ficha técnica

Director: Alejandro Gándara

Guión: Alejandro Gándara e Olaia Tubío

Música: obras de Dorothé  Schubarth

Fotografía: Rubén Gasalla e Olaia Tubío

Montaxe: Lucía Estévez

Intérpretes: documental

Duración: 87 min.

Produtor: Alejandro Gándara

Produción: Alejandro Gándara e Deputación de A Coruña

SINOPSE

A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos 70 na procura dos cantos antigos que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as 300 horas de gravacións que forman o Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas tradicionais do país. Corenta anos despois, dúas mozas inician unha viaxe tralos pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida.

Sobre el director

Alejandro Gándara (Zas, 1993)

Graduado en Xornalismo pola USC e Master en Produción Audiovisual Executiva (MPXA). Foi xornalista en La Opinión de A Coruña e traballou no departamento de Non-Ficción da produtora Voz Audiovisual. Tamén foi membro creador do proxecto audiovisual Punto e Volta, que recibiu a I Bolsa Nacho Mirás do Colexio de Xornalistas de Galicia. “Dorothé na Vila” é a súa primeira longamentraxe

Olalla Tubio (Rois, 1994)

Graduada en Xornalismo pola USC e Mestrado en Servizos Culturais pola mesma Universidade. Creadora e integrante do proxecto Punto e Volta, traballou como redactora na Televisión de Galicia e foi xornalista cultural no Progreso de Lugo. Tamén traballou como freelance para diversas entidades públicas e culturais. “Dorothé na Vila” é a súa primeira longametraxe.