Xurado OUFF en Curto
Simone Saibene – Presidente
Cineasta e produtor galego de orixe italiana. No 2012 fundou en Ourense a produtora e distribuidora Noveolas. Na súa filmografía hai títulos como ‘9 ondas’ (2013), ‘Kuti Khanti’ (2014), ‘A sorpresa’ (2015), ou ‘Pelerinaxes’ (2016), filmes que tiveron recorrido en festivais nacionais e internacionais, recibindo varios premios. Como docente e crítico de cine colaborou con varios medios e institucións como a revista ‘Duellanti’, o Instituto Cervantes de Milán, a Fundación San Fedele, a Esap de Porto, o CGAI, a Universidade de Vigo, ou Onda Cero Ourense onde conduce ‘Butaca Cero’. Desde o 2019, dirixe e conduce o programa ‘Cinephilia’ en Telemiño.
Aida Cobas
Actriz licenciada na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, con mestrado en Teatro e Artes Escénicas da Universidade de Vigo. Cumprimenta a súa formación con diversos talleres e cursos relacionados coa interpretación, e asistindo regularmente ao Adestramento Actoral impartido por Fernando Tato. No eido teatral formou parte das compañías Metátese Teatro e Alentía Teatro actuando en escenarios nacionais e internacionais. As súas últimas participacións no audiovisual son ‘O sabor das margaridas’, primeira producción galega incluída en Netflix e ‘La sombra de la ley’, filme do director galego Dani de la Torre.
Jose Aragunde
Técnico audiovisual con 25 anos de experiencia no sector. Despois de 15 anos facendo televisión decide reorientar a sua carreira ao mundo do videoclip, a publicidade e o documental. É realizador de videoclips de Oscar Avendaño, La casa de los ingleses, Heroínas, The Soul Jacket… Dirixiu a curtametraxe ‘Iulia’, e foi o director de fotografía e montador de ‘Pingas’, de Deborah Vukusic. Recentemente foi o responsable da fotografía e montaxe da longa documental ‘Reboiras, Acción e Corazón’.