ACREDITACIÓN MEDIOS

Se estás interesado ou interesada en acudir como medio de comunicación ao 21 OUFF, xa podes facer a túa solicitude escribindo a comunicacion@ouff.org cos seguintes datos:

– NOME E APELIDOS
– DNI
– MEDIO DE COMUNICACIÓN
– CORREO ELECTRÓNICO
– TELÉFONO DE CONTACTO
– CONSIDERACIÓNS OU NECESIDADES ESPECÍFICAS

Unha vez que a organización acepte a túa solicitude, poderás recoller a túa acreditación a partir do día 28 de outubro na Oficina do Festival de Cine Internacional de Ourense (Rúa da Canle 2, 32004, Ourense | Localización: https://goo.gl/Qe1sXp) en horario de 10h00 a 22h00.

INFORMACIÓN ÚTIL:

A acreditación proporcionará acceso a todos os espazos e proxeccións do Festival de Cine Internacional de Ourense. Ademais, con ela tamén se entregará un catálogo, programa de man, unha listaxe de convidados divididos por días para a xestión de entrevistas e unha bolsa do festival.

Para acudir a calquera das proxeccións de pago, deberás amosar a túa acreditación no despacho de billetes do espazo pertinente para que che proporcionen unha entrada a cambio.

Nos casos concretos das proxeccións de entrada gratuíta con invitación (Gala inaugural e Gala de clausura), deberás confirmar a túa asistencia antes dos días 25 e 31 de outubro respectivamente, para ter asegurada unha localidade dentro do espazo de proxección.