ÁNCORA

Que é?

O obxectivo de ÁNCORA é ofrecer asesoramento e favorecer o investimento en proxectos cinematográficos nunha fase de produción avanzada, axudándoos a que se completen nas mellores condicións posibles. Poden participar filmes de produción galega ou portuguesa que se atopen iniciando a súa fase de posprodución, coa rodaxe xa terminada, ou que estean nun proceso avanzado da mesma. Así mesmo, os/as directores/as galegos/as e portugueses/as que estean desenvolvendo un proxecto, aínda sen contar con produtora nalgún destes dous territorios, poderán tamén presentarse a esta convocatoria.

O OUFF seleccionará de entre todos os solicitantes catro proxectos en total, dos cales un como mínimo será de produción ou dirección galega. O festival ademais, convidará a tres profesionais do sector a formar parte do comité asesor de  ÁNCORA. O seu labor será ofrecer asesoramento aos/ás cineastas logo de presentacións a porta pechada dos proxectos. Este comité asesor será o encargado elixir que dous filmes levan os premios dos que ÁNCORA fai entrega: o Premio Cinemar Fims (premio de posprodución de Son en Cinemar Films valorado en 7.000 €) e o Premio NUMAX (premio de posprodución de imaxe no Laboratorio NUMAX, valorado en 4.000€).

 

ORGANIZA:   Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF)

COLABORANAgadic e Xunta de Galicia

PATROCINAN: NUMAX e Cinemar