Así fue la Gala Inaugural del #22OUFF

Así fue la Gala Inaugural del #22OUFF
20/10/2017 AndreaOUFF

O Festival de Cine Internacional de Ourense deu comezo cunha gala que contou coa actuación musical da chilena Soledad Vélez cantando a Violeta Parra. No acto el acompañáronnos autoridades, patrocinadores, e diversos convidados e convidadas do sector audiovisual e do festival como Federico Ransenberg -autor da exposición “Xoguetes de Cine”-, dous dos cineastas aos que se lles adican os focos desta edición: Mariano Llinás e Marília Rocha, membros do noso Xurado Oficial: Meghan Monsour, Xosé Ramón Rivas, Xacio Baño e Ramiro Ledo, directores e directoras da nosa Sección Oficial como Charly Braun (Vermello russo) e varios cineastas e creadores galegos que proxectarán as súas pezas nesta edición do OUFF como Andrés Goteira ou Ángel Santos.

Á cita tampouco quixeron faltar a directora Diana Toucedo e parte do equipo técnico e artístico do filme Trinta Lumes, escollido para inaugurar esta vixésimo segunda edición do Festival de Cine Internacional de Ourense.

A continuación, podedes consultar unha galería fotográfica do evento, autoría de Daniel Gallego.

 

Gala Inaugural #22OUFF