MANIFESTOS

De precisar un festival explicarse a si mesmo, nunca poderá facelo mellor que a través da súa programación, das películas sobre as que decide pór o foco; dalgún xeito todo criterio de selección leva oculto un manifesto, unha aposta por isto e non por aquilo, o resto é literatura. Estes cineastas, estes filmes serven para dicir quen somos.