NOTA LEGAL

PROPIEDADE INTELECTUAL

Os dereitos de propiedade intelectual da Web www.ouff.org/edicion-2017, o seu código fonte, textos, deseños gráficos, imaxes (salvo as proporcionadas por terceiros), fotografías, animacións, sons, estrutura de navegación, bases de datos, así como os distintos contidos, son titularidade do Concello de Ourense e están protexidos pola lexislación española sobre os dereitos de propiedade intelectual e industrial. Calquera reprodución, publicación total ou parcial, distribución, comercialización ou transformación dos contidos que non fosen expresamente autorizados, constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial protexidos pola Lei.

Así mesmo o acrónimo OUFF (Ourense Film Festival) a denominación  Festival de Cine Internacional de Ourense e o logo do festival están baixo o copyright do Concello de Ourense.

O Concello de Ourense poderá exercer todas as accións administrativas, civís e penais que lle correspondan no caso de infracción ou incumprimento destes dereitos por parte do usuario.

ACCESO E USUARIOS DA PÁXINA WEB

A Web www.ouff.org/edicion-2017  foi desenvolvida co obxectivo de proporcionar información e documentación relacionada co Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) e con todas as actividades organizadas nel, facilitar a participación e seguimento das actividades propostas, dar acceso aos servizos que ofrece e permitir a realización dos trámites relacionados con eles.

O acceso ao sitio web www.ouff.org/edicion-2017 establece a quen o realiza, a condición de Usuario, podendo este utilizar única e exclusivamente o material que apareza neste sitio web para o seu uso persoal e privado, quedando prohibido o seu uso con fins comerciais, salvo permiso previo e por escrito. O acceso e utilización de toda a información, datos e contidos das páxinas Web do sitio www.ouff.org/edicion-2017 realizarase baixo a única e exclusiva responsabilidade do Usuario, comprometéndose este a facer un bo uso dos servizos e contidos, que nunca poderán ser utilizados para actividades ilícitas. O Usuario acepta todas e cada unha das condicións de uso aquí especificadas.

O Concello de Ourense resérvase o dereito de modificar, ampliar, suprimir parte do contido, configuración, presentación, especificacións e servizos de forma unilateral e sen previo aviso ao Usuario. Así mesmo resérvase o dereito a modificar as presentes condicións de uso, así como calquera outras condicións contidas no sitio web www.ouff.org/edicion-2017

O Concello de Ourense non garante a inexistencia de erros no acceso ao sitio web, no seu contido, nin que este atópese actualizado adecuadamente, aínda que utilizará os seus mellores esforzos para evitalos, emendalos ou actualizalos.

A prestación dalgún dos servizos da Web pode estar condicionados ao previo rexistro do Usuario mediante o enchemento do Formulario Rexistro.

Tanto neste caso como cando achegue datos de carácter persoal para poder acceder a algún dos servizos, a recollida e tratamento dos datos persoais dos Usuarios será de aplicación o disposto na Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal. Vostede poderá exercer en calquera momento os seus dereitos de acceso, rectificación e cancelación.

O Usuario é responsable de protexer o seu nome de usuario e clave de acceso (contrasinal) fronte a usos non autorizados. Calquera uso do sitio web www.ouff.org/edicion-2017 empregando o seu nome de usuario e clave de acceso, será responsabilidade súa. No caso de que advirta calquera uso ou revelación non autorizada do seu nome de usuario e clave de acceso, rogámoslle comuníquenolo inmediatamente a info@ouff.org

LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

No caso de que se produza calquera discrepancia ou controversia con motivo da interpretación ou aplicación das presentes condicións, ou ben co uso do sitio web, o Concello de Ourense e o Usuario, acordan, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, someterse á xurisdición dos Xulgados e Tribunais competentes no domicilio do Concello.