Palmarés do 22º Festival de Cine Internacional de Ourense

Palmarés do 22º Festival de Cine Internacional de Ourense
27/10/2017 ouff

 

  • O premio ao Mellor filme da Competición Iberoamericana recae en La vendedora de fósforos e o Mellor Filme da Competición Operas Primas desta edición é Baronesa.
  • Este sábado 28 nos Cines Ourense PonteVella-Galicine e domingo 29 no Cineclube Padre Feijoo proxectaranse os filmes gañadores.

MELLOR FILME DA COMPETICIÓN IBEROAMERICANA: La vendedora de fósforos, de Alejo Moguillansky, pola súa capacidade para pensar o real a través da ficción e pola súa habilidade para construír un relato combinando materiais diversos sen perder a vitalidade do impulso.

PREMIO “CARLOS VELO” Á MELLOR DIRECCIÓN DA COMPETICIÓN IBEROAMERICANA: Chris Gude, director deMariana, pola creación dun espazo simbólico e atemporal a través do contraste entre un territorio soñado e o territorio real.O xurado da Competición Iberoamericana quere concederlle unha mención especial a La noche polar, de Florencia Romano, pola súa busca dunha linguaxe propia e por como a través dun imaxinario máis próximo ao fantástico, propón un estado emocional.

O xurado da Competición Iberoamericana quere concederlle unha mención especial a La noche polar, de Florencia Romano, pola súa busca dunha linguaxe propia e por como a través dun imaxinario máis próximo ao fantástico, propón un estado emocional.

PREMIO AO MELLOR FILME DA COMPETICIÓN OPERAS PRIMAS:Baronesa, de Juliana Antunes, porque a directora aborda con forza e unha mirada sensible termos urxentes como a intimidade e a sexualidade feminina, creando un retrato valente e vital sobre os espazos de resistencia e perserverancia das mulleres.

O xurado da Competición Operas Primas quere concederlle unha mención especial a 69 minutes of 86 days, de Egil Håskjold Larsen, polo seu achegamento humano á situación dos refuxiados, pola súa mirada de esperanza a través dos ollos dunha nena e a súa proposta formal, novidosa e bela na que resalta a súa música orixinal.

PREMIO DO XURADO DO CINECLUBE PADRE FEIJOO: Baronesa, de Juliana Antunes,  pola delicadeza, sensibilidade e respecto co que presenta unha realidade pouco abordada no cine, como é a vida das mulleres nunha favela. Destaca a dignidade das personaxes e os lazos de sororidade que tecen inmensas nunha violencia latente pero omnipresente que obriga á autosuficiencia e ao empoderamento, cargando todo o peso do relato nuns potentes diálogos e no enfoque íntimo e comprometido da directora.

PREMIO DO XURADO UNIVERSITARIO: Vermelho Russo, de Charly Braun,  por ser unha viaxe cara a madurez na que a ficción e a non ficción, o persoal e o artístico, se retroalimentan. Os integrantes do Xurado Universitario, dende a perspectiva dos novos creadores e creadoras, vense representados nese momento de aprendizaxe no que se atopan os personaxes. Nun terreo tan incerto como é o artístico consideran que debemos aprender a convivir coas inseguridades, egos e competitividade sen deixar de ser nós mesmos.

PREMIO DO PÚBLICO: Las Cinéphilas, de María Álvarez.

Membros do Xurado

O Xurado Oficial estivo composto na Competencia Iberoamericana pola actriz e cineasta Elena Martín -directora do filme Júlia ist-, Ramiro Ledo -responsable de Cinema NUMAX e NUMAX Distribución- e Xacio Baño -cineasta galego e curtametraxista de espectacular traxectoria cuxas obras estiveron presentes en festivais como BAFICI, Mar del Plata ou Clermont Ferrand-. O Xurado da Competencia Operas Primas, pola súa banda, estivo integrado pola xornalista e crítica Blanca MartínezMeghan Monsour -directora de programación de Ambulante Gira de Documentales- e Xosé Ramón Rivas -xestor cultural e programador de documentais do Festival Internacional de Cine de Edimburgo-, estes dous útimos co apoio de AC/E Acción Cultural España.

Alén disto, Begoña González, Helena Rodríguez e Carme Celis compuxeron o Xurado do Cineclube Padre Feijoo e  o Xurado Universitario estivo integrado por Rebeca López Villar, Cora Diz Vila, Nicolás Pérez Pampín, Lucía Estévez González e Ricardo Araújo Gil.

PROXECCIÓN DOS FILMES PREMIADOS

Sábado 28 nos Cines Ourense PonteVella-Galicine

  • 17h00 | Mellor filme da Competición Iberoamericana: La vendedora de fósforos
  • 19h30 | Mellor filme da Competición Operas Primas: Baronesa
  • 22h15 | Premio do Público

Domingo 29 no Cineclube Padre Feijoo

  • 18h00 | Premio do Xurado Universitario: Vermelho russo
  • 20h30 | Premio do Xurado do Cineclube Padre Feijoo: Baronesa