LA LEY DE LA FRONTERA

FICHA TÉCNICA

GUIÓN:  Adolfo Aristarain, Miguel Anxo Murado
MÚSICA:  Bernardo Fuster,  Luis Mendo
SON:  Ricardo Steinberg
REPARTO:  Pere Ponce, Aitana Sánchez-Gijón, Achero Mañas, Federico Luppi, Tito Valverde, Agustín González, Enrique San Francisco
FOTOGRAFÍA:  Porfirio Enríguez
MONTAXE:  Iván Aledo
PRODUCIÓN:   José Luis Jiménez, Noemí Nemirovsky, Pablo Ramírez / Adai, Central de Producciones Audiovisuales, Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales (INCAA), Shazam

LA LEY DE LA FRONTERA

PLAN RECUPERAR
A LEI DA FRONTEIRA / THE LAW OF THE FRONTIER
Adolfo Aristarain  |  Arxentina, España  |  1995  |  117’

27.10 | 22:00 | AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE*

*Convites dispoñibles na Oficina do Festival de Cine a partir do 25 de outubro

Unha e outra vez, Aristarain repetiu que para el non existe unha película por encarga, na medida en que se poida facer propia. Iso é precisamente o que conseguiu con La ley de la frontera, un guión do autor galego Miguel-Anxo Murado que Aristarain puido reescribir e dirixir á súa medida. A acción -e o termo aquí é ben apropiado- ten lugar en 1924, na fronteira entre Galicia e Portugal, unha terra bela e virxe, onde a lei e a orde aínda non conseguiron impoñerse, como nos westerns. Alí atópanse João e Xan, dous fuxitivos: un do convento, outro da milicia.

Luciano Monteagudo

Adolfo Aristarain

Bos Aires, 1943. Comezou traballando como axudante de dirección en España e Arxentina, antes de debutar con La parte del león (1978). As súas obras máis relevantes son Tiempo de revancha (1981), Un lugar en el mundo (1992, Goya á Mellor Película de Fala Hispana), ou Martín (Hache) (1997).