Mercedes Moncada

Mercedes
Moncada

(Sevilla, 1972) Dirixiu e produciu, co apoio do Sundance Documentary Fund, a longametraxe documental La pasión de María Elena (2003), coa que gañou Mellor Longametraxe Mexicana en Guadalajara, Mellor Longametraxe para Amnistía Internacional, Mellor Longametraxe Documental en Sao Paulo e Xerusalén e diversos premios noutros festivais internacionais.

Financiado por Sundance Documentary Fund, Jan Vrijman Fund, o programa Ibermedia e a Ford Foundation, en xaneiro de 2005 finalizou o documental de produción española-mexicana El inmortal. Foi exhibido na Berlinale, San Sebastián e Sundance, entre outros festivais; foi seleccionado polo Museo de Arte Moderna de Nova York MoMA para clausurar o mes de Reopening MoMA; e gañou Mellor Longametraxe Documental Iberoamericana en Guadalajara.
Coproducida con La Zanfoña Producciones, La sirena y el buzo (2009) foi estreada no Forum of New Cinema – Berlinale, continuando cun circuíto de festivais arredor do mundo.

Palabras mágicas (para romper un encantamiento) (2012) foi proxectado na sección Masters de IDFA, na sección Zabaltegi de San Sebastián e en Busán. Gañou diversos premios en festivais internacionais, inaugurou a serie The State of Art no MOMA e foi galardoado como Mellor Filme de 2013 por LASA (Latin American Studies Association)

En 2014 dirixiu Los invisibles, para a serie Héroes Cotidianos de HBO.

Foi xurado en diversos festivais e certames como IDFA, Emmy Awards, Guadalajara, Cinergia, Praga e Amnistía Internacional.

Durante 2013 foi asesora de cultura para o xornal mexicano Reforma e tamén docente en diversos centros cinematográficos.
A súa última longametraxe é Mi querida España, producida por La Zanfoña Producciones.