SANTOALLA

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: SANTOALLA
Ano: 2016
País: Estados Unidos
Duración: 82′
Dirección: Andrew Becker, Daniel Mehrer
Música: Andrew Becker
Montaxe: Andrew Becker
Produción: Andrew Becker, Daniel Mehrer, Cristina de la Torre
Web: www.santoalla.com

SANTOALLA

28.10 | 20:30 | AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE * (Gala inaugural)
29.10 | 17:00 | AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE *
31.10 | 20:00 | CASA DA CULTURA DE XINZO DE LIMIA * (Entrada libre ata completar aforo)

* Asisten Andrew Becker e Daniel Mehrer (directores)

E se de Making a Murderer a True Detective só distase unha cuestión de estilo? A finais dos anos 90, un matrimonio holandés percorre Europa a bordo da súa autocaravana até establecerse na recóndita aldea ourensá de Santoalla, completamente abandonada agás pola presenza dunha familia local, unhas fermosísimas paisaxes pretéritas e apenas un feixe de animais. En 2010, dous cineastas neoiorquinos desprázanse até o núcleo galego para documentar un estraño suceso: a repentina desaparición dun dos holandeses. Documental de terror rural que rexistra como un soño hippie se vai transformando ante os nosos ollos nun pesadelo atávico, puro cinema de xénero inscrito na realidade: os cineastas aran a terra coas súas cámaras para deixar ao descuberto que é a semente da ficción a que se oculta nas súas entrañas. Valéndose de imaxes tomadas polo propio desaparecido e o arquivo dos medios locais, a filmación dun misterio acabará facendo emerxer outro enigma latente, seica o meirande de todos, o misterio mesmo da condición humana. Un auténtico obús narrativo do que é imposible despegar a vista até o seu final, que ben podería ser o inicio dunha película de pantasmas.

Alberto Lechuga, redactor xefe da edición española de SOFILM