XURADO CINECLUBE PADRE FEIJOO

Helena Rodríguez, Carme Celis e Begoña González

Helena Rodríguez, Carme Celis e Begoña González desenvolven o seu traballo no eido social desde diferentes ámbitos: exclusión social e protección de menores. Interesadas na arte e na cultura en todas as súas manifestacións, teñen como norma asistir a todos os eventos e espectáculos posibles, como as proxeccións do Cineclube Padre Feijoo, ao que representan nesta ocasión. Desta forma, participan como público do Festival de Cinema da súa cidade desde a súa primeira edición.