XURADO COMPETICIÓN ÓPERAS PRIMAS

 

Blanca Martínez

Graduada en Audiovisuais, Xornalismo e Historia da Arte e Máster en Estudos Comparados de Literatura, Arte e Pensamento. Blanca Martínez forma parte de Visual404, un proxecto de exhibición e antropoloxía dixital feminista no que distintas xeracións de mulleres reescriben as imaxes. Como axitadora cultural colabora con pezas críticas sobre estética contemporánea e vidas audiovisuais en distintas publicacións.

 

Meghan Monsour

Meghan Monsour é a directora de programación de Ambulante Gira de Documentales, festival itinerante que promove o cinema documental en México co fin de atopar novos públicos e abrir outras canles de reflexión. Dende 2008 forma parte do equipo que sitou a Ambulante como un festival recoñecido polo seu espírito anovador, o seu alcance xeográfico e polo seu modelo único de exhibición de cine independente.

 

Xosé Ramón Rivas

Xestor cultural e programador de cinema, traballou en festivais internacionais como o Festival de Cine Tribeca de Doha, o Festival Fringe de Edimburgo ou o WOMEX. En 2013 cofunda IberoDocs – Festival de Cine Documental Iberoamericano de Escocia, colaborando con numerosas organizacións do cine en Escocia coma o Scottish Documentary Institute. Actualmente é o Programador de Documentais do Festival Internacional de Cine de Edimburgo.