ENTRADAS E BONOS

PREZOS

Entrada: 3 €
Bono 5 sesións: 12 € (10€ para clientes de Abanca) *
Bono 10 sesións: 22 € (20€ para clientes de Abanca) **
Galas de inauguración e clausura:  Entrada gratuíta, previa retirada de convites nas oficinas do Festival de Cine, desde 1 día antes (ata agotar localidades)

* Inclúe catálogo (ata agotar existencias)
** Inclúe bolsa e catálogo (ata agotar existencias)

HORARIOS DO DESPACHO DE BILLETES

Auditorio Municipal de Ourense: de 16h00 a 22h00 desde o 29 de outubro
Cines Ponte Vella:
desde 1 hora antes de cada sesión
Teatro Principal: desde 1 hora antes de cada sesión
Cineclube Padre Feijoo: desde 1 hora antes de cada sesión

 

 Venda de entradas_86x28mm

INFORMACIÓN VENDA 

 

VENDA ONLINE

As entradas e bonos para o 21º Festival Internacional de Cine de Ourense poderán adquirirse en entradas.abanca.com desde o día 20 de outubro ás 13h00.

O espectador poderá adquirir un máximo de 10 entradas por sesión, que poderá imprimir desde o seu ordenador no momento de realizar a compra, seleccionar unha oficina de Abanca na que retiralas, ou ben recollelas no espazo de proxección para o que as adquirise, desde 1 hora antes do inicio da sesión.

A venda online pecharase 2 horas antes da sesión.

A organización reservará un 15% das localidades de cada espazo para a súa venda física no despacho de billetes, para garantir a dispoñibilidade de entradas e/ou troco dos bonos desde 1 hora antes de cada proxección.

VENDA FÍSICA DURANTE O FESTIVAL

Desde o 29 de outubro, en horario de 16h00 a 22h00, o despacho de billetes do Auditorio Municipal de Ourense funcionará como lugar de venda central do Festival Internacional de Cine de Ourense, onde poderán adquirirse entradas e bonos para calquera día e sesión programada no marco do OUFF.

No resto dos espazos de proxección, as entradas despacharanse para a programación dese espazo, no mesmo día e desde 1 hora antes do comezo de cada sesión.

As entradas son numeradas para as sesións programadas no Auditorio Municipal e nas dúas salas dos Cines Pontevella. No caso do Teatro Principal e o Cineclube Padre Feijoo, as entradas serán sen numerar.

BONOS

Os bonos permiten o acceso a 5 ou 10 sesións programadas no marco do Festival Internacional de Cine de Ourense, agás galas de inauguración e clausura.

Poderán adquirirse a través de entradas.abanca.com ou no despacho de billetes do Auditorio Municipal de Ourense desde o día 29 de Outubro en horario de 16h00 a 22h00.

O portador dun bono, deberá trocalo no despacho de billetes pola entrada correspondente da sesión á que desexe asistir.

A organización reservará un 15% das localidades de cada espazo para garantir a dispoñibilidade para o troco no despacho de billete, desde 1 hora antes de cada sesión, pero non garante o acceso á proxección se o aforo se completa.

GALAS DE INAUGURACIÓN E CLAUSURA. ENTRADA GRATUITA

Gala inaugural (proxección de Santoalla). Retirada de convites na Oficina do Festival de Cine (Rúa da Canle 2, 32004, Ourense | Localización:https://goo.gl/Qe1sXp) desde o xoves 27 de outubro, en horario de 10h00 a 14h00 e de 16h00 a 20h00. (Máximo 2 por persoa)

Gala de clausura (proxección de Pedro Páramo). Retirada de convites na Oficina do Festival de Cine desde o mércores 2 de novembro, en horario de 10h00 a 14h00 e de 16h00 a 20h00. (Máximo 2 por persoa)

 

NORMAS E RECOMENDACIÓNS

  • A venda online interrumpiráse 2 horas antes do inicio de cada sesión.
  • Desde o momento en que se inicia unha proxección, os despachos de billetes non terán entradas á venda para a mesma.
  • Recomendamos que o espectador adquira a súa entrada coa maior antelación posible, para evitar colas nos espazos de proxección.
  • Por respecto ao resto de espectadores, prégase chegar ás salas con tempo suficiente de acomodarse antes do inicio da sesión.
  • Non se admiten devolucións.