ENTRADAS

PREZOS

Entrada para unha sesión: 3€
Entrada con carné universitario da Uvigo: 2€
Bono 5 sesións: 12€ (10€ para clientes de Abanca)*
Bono 10 sesións: 22€ (20€ para clientes de Abanca)*

*Os bonos ofrecen dereito a desconto en 5 ou 10 sesións programadas no marco do OUFF, coa excepción das galas de inauguración e clausura. Os bonos poderán imprimirse na casa ou retirarse no despacho de billetes do Auditorio ou en calquera sucursal de Abanca. Deberán canxearse en cada espazo de proxección pola entrada correspondente.

SESIÓNS GRATUÍTAS

  • Gala de inauguración: previa retirada de convite na Oficina do Festival de Cine a partir do 18 de outubro. (Máximo 2 convites por persoa).
  • Gala de clausura: previa retirada de convite na Oficina do Festival de Cine a partir do 25 de outubro. (Máximo 2 convites por persoa).
  • Todas as proxeccións no Cineclube Padre Feijoo: ata completar aforo.
  • Presentación das pezas realizadas no Obradoiro de Vídeo Participativo: ata completar aforo.

 Venda de entradas_86x28mm

INFORMACIÓN VENDA 

 

BONOS

Os bonos poderanse adquirir en http://entradas.abanca.com para imprimir na casa ou retirar en calquera sucursal de Abanca. É IMPRESCINDIBLE presentar o bono impreso para acceder ás proxeccións.

ENTRADAS SOLTAS:

    • SESIÓNS NO TEATRO PRINCIPAL

ONLINE: entradas.ataquilla.com ou www.ouff.org a partir do día 18 de outubro.

VENDA FÍSICA: no despacho de billetes do Teatro Principal dende unha hora antes da primeira sesión de cada día.

      • SESIÓNS NOS CINES PONTEVELLA GALICINE

ONLINE: www.galicine.com/ ou www.ouff.org

VENDA FÍSICA: no despacho de billetes dos cines dende media hora antes do inicio da primeira sesión de cada día.

        • SESIÓNS NO AUDITORIO MUNICIPAL

ONLINE: entradas.abanca.com ou www.ouff.org

VENDA FÍSICA: no despacho de billetes do Auditorio Municipal dende dúas horas antes do inicio da sesión.

 

As entradas son numeradas para as sesións programadas no Auditorio Municipal e nas dúas salas dos Cines PonteVella. Nos casos do Teatro Principal e o Cineclube Padre Feijoo as entradas serán sen numerar.

GALAS DE INAUGURACIÓN E CLAUSURA. ENTRADA GRATUITA

Gala de Inauguración: retirada de convite na Oficina do Festival de Cine a partir do mércores 18 de outubro. (Horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Máximo 2 convites por persoa).

Gala de Clausura: retirada de convite na Oficina do Festival de Cine a partir do mércores 25 de outubro. (Horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Máximo 2 convites por persoa).

NORMAS E RECOMENDACIÓNS

  1. Dende o momento en que se inicia unha proxección, os espazos non despacharán entradas para a mesma.
  2. Recomendamos que o público adquira a súa entrada coa maior antelación posible para evitar colas nos espazos de proxección.
  3. Por respecto ao resto de espectadores e espectadoras, prégase chegar ás salas con tempo suficiente para acomodarse antes do inicio da sesión.
  4. Non se admiten devolucións.